Imprimir

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A CUARTA EDICIÓN DA LUDUS PARTY


9/11/2010 A inscrición poderá facerse a partir desta mesma tarde a través da páxina web: www.ludusparty.net

Unha nova edición da Ludus Party chegará a Lugo o derradeiro fin de semana do mes de novembro, organizada polo Concello coa colaboración da Deputación provincial. Dende a tarde do venres día 26 e ata o domingo día 28, a Casa do Deporte de Lugo acollerá a cuarta edición da Ludus Party.

Dende esta mesma tarde poderán facerse as inscricións a través da páxina web www.ludusparty.net. As entradas, un total de 250, terán un prezo de 25 euros. Os menores de idade deberán ter a correspondente autorización.


www.ludusparty.net