Imprimir

RECEPCIÓN NO CONCELLO ÓS MOZOS DO CLUBE DE TIRO DO AERO CLUB DE LUGO


9/11/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta tarde unha recepción que lle ofreceu o Concello a un grupo de mozos do Clube de Tiro do Aero Club de Lugo que veñen de gañar 10 medallas e 3 diplomas no Campionato de España de xóvenes promesas celebrado o mes pasado en Logroño.

No acto o Alcalde felicitou ós deportistas e dixo que “é verdade que Lugo sempre tivo afición polo tiro pero o voso éxito demostra o importante que é ter instalacións deportivas”.

López Orozco manifestoulles ós campións que “vós valedes de exemplo a todos os mozos e ademáis dades a coñecer o nome de Lugo”. Ademais, animounos a continuar entrenando porque “nada se consegue sen esforzo e sen ter unha ilusión”.