Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Último reparto de botellas de Cocacola do Décimo Aniversario


# Mércores, 10/11/2010

Os visitantes do Centro de Interpretación da Muralla, da Casa dos Mosaicos e do Museo Arqueolóxico de San Roque recibirán, a partir de maña, unha botella do refresco conmemorativo do Décimo Aniversario



Imaxe Asociada

Esta será a última oportunidade de conseguir unha das botellas conmemorativas, de edición limitada, do popular refresco


Cocacola e Lugo10 queren continuar celebrando o Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial. Así, e a partir de mañá xoves 11 de novembro, as persoas que visiten a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque, recibirán como agasallo unha das botellas de edición limitada deste refresco.

O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla de Lugo Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.

O primeiro reparto foi no mes de maio, cunha tirada de 3.000 botellas, que se repartiron nos tres Museos da cidade. Debido ao grande éxito acadado, Cocacola quixo aportar 3.000 unidades máis desta edición limitada do popular refresco, que se repartiron durante as festas do San Froilán. Agora, chega a última oportunidade para conseguir unha das botellas conmemorativas, que recibirán todos aqueles que a partir de mañá se acheguen a visitar a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque.


Horarios

Casa dos Mosaicos: 11.00h - 14.00h / 17.00h - 19.00h
Museo Arqueolóxico de San Roque: 11.00h - 14.00h / 17.00h - 19.00h
Centro de Interpretación da Muralla: 10.30h - 14.00h / 16.30h - 20.00h

www.lugo10.es






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova