Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Museo Interactivo da Historia de Lugo estará construído no mes de febreiro


# Mércores, 10/11/2010
O Alcalde, José López Orozco, inspeccionou esta mañá a marcha das obras que permitirán dotar a Lugo cunha importante infraestrutura cultural obra dos arquitectos Nieto-Sobejano

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou esta mañá as obras de construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo que constrúe o Concello no parque da Milagrosa. López Orozco estivo acompañado na visita polos Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, José Piñeiro, así como pola arquitecta Fuensanta Nieto e por representantes da empresa que está a construír esta importante infraestrutura cultural que dotará a Lugo dun Museo da historia da cidade que será interactivo e dun grande valor arquitectónico.

O Alcalde e a arquitecta do estudo Nieto-Sobejano, que gañou o concurso de ideas convocado polo Concello para a construción do MIHL, anunciaron que a obra civil estará rematada no mes de febreiro e na primavera Lugo contará co novo museo xa que tamén se está traballando no proxecto de musealización.

En declaracións ós medios de comunicación, o Alcalde salientou que o MIHL “será un atractivo máis para a cidade e tamén unha extraordinaria obra arquitectónica que leva a cabo un equipo de arquitectos acreditados tanto en España coma no estranxeiro xa que teñen no seu importante currículo obras como o Museo de San Telmo de San Sebastián ou en Muchis (Alemaña) e Graz (Austria)”.

O Alcalde destacou que esta obra “é unha aposta moi importante que fai o Concello e vai supor unha mellora económica para a cidade porque será un atractivo máis para vir a Lugo e, precisamente o turismo debe ser unha das patas para o noso desenvolvemento”.

Tamén indicou López Orozco, fronte a quenes cuestionan o mantemento destas infraestruturas, que “precisamente nun momento de crise é cando hai que facer apostas que poñan en valor a cidade e cando debemos ambicionar unha cidade mellor para todos”. Neste sentido, o Alcalde manifestou que “non se pode facer cidade con eses medos, Lugo fixérono persoas ambiciosas e se pensáramos doutra maneira aínda estaríamos vivindo en tendas de campaña e castros”.

Ademais o Alcalde lembrou que dez empresas de Lugo foron encargadas de facer traballos auxiliares para levar a cabo o MIHL, unha obra adxudicada en algo menos de sete millóns de euros á UTE Museo MIHL Lugo.

López Orozco tamén anunciou que no mes de decembro organizaranse visitas públicas ás obras para que os lucenses poidan coñecer este importante proxecto que se está a executar na cidade.

Pola súa parte, Fuensanta Nieto, do equipo de arquitectos Nieto-Sobejano, explicou que, de momento, esta “é unha obra difícil de ver desde fóra porque é unha obra feita cara o interior e o exterior concibiuse como un parque”. “Cara arriba só sobresaen os cilindros que lembran os cubos da Muralla”, indicou a arquitecta, e tamén explicou que “os cilindros pequenos son para acoller as instalacións e os grandes iluminan e incluirán as exposicións temporais e permanentes”.

Museo Interactivo da Historia de Lugo
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova