Imprimir

O MINISTERIO DE CULTURA SÚMASE A LUGO10 CUN CONCERTO DE MÚSICA ANTIGA QUE VAI TRAER A LUGO O INSTITUTO NACIONAL DAS ARTES ESCÉNICAS E DA MÚSICA


11/11/2010 A Schola Antiqua e Ministriles de Marsías interpretarán as "Vísperas da Virxe" que conmemora o V Centenario do nacemento do compositor renacentista Antonio de Cabezón

Será lugar este sábado, ás 20.30, na igrexa de San Pedro, con entrada libre


O programa Lugo10 segue a sumar apoios. Desta volta, é o Ministerio de Cultura, a través do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, o que se incorpora ó programa de actividades promovido polo Concello para festexar o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

O convenio que asinaron o Concello e o INAEM permitirá que os lucenses desfrutemos da música antiga e o canto gregoriano nun concerto que interpretarán o sábado día 13, os grupos Schola Antigua e Ministriles de Marsías. Trátase das “Vísperas da Virxe na España do Século de Ouro”, unha reconstrucción dun Oficio de Vísperas con canto llano, fabordón, órgano e versos de ministriles alternatim, que conmemora o quinto Centenario do nacemento do compositor e músico renacentista Antonio de Cabezón, que naceu en 1510 e finou en 1566.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o Secretario Xeral da Subdelegación do Goberno, Constantino Rodríguez, foron os encardados de presentar hoxe este concerto, nun acto que se celebrou no Concello.

A Concelleira explicou que “grazas o convenio que asinaron o INAEM e o Concello, a través de Lugo10 poderemos desfrutar desta actuación que terá lugar o sábado día 13, na igrexia de San Pedro”. Será ás 20.30 horas e con entrada libre.

Mundiña sinalou que o programa Lugo10, que lidera o Concello, tenta achegarse a todo tipo de públicos e, grazas á colaboración do INAEM, os lucenses imos ter a oportunidade de gozar dun concerto que xa pasou por outras cidades de Europa e España.

A Concelleira sinalou que o grupo Ministriles de Marsías, que dirixe Francisco Rubio, obtivo este ano o premio ó mellor disco de música renacentista e ten previsto presentar a finais deste mes o seu último traballo.

A Schola Antiqua, que dirixe Juan Carlos Asensio, foi fundada en 1984 e adicase fundamentalmente á investigación e interpretación de música antiga, especialmente gregoriana.

Nuria Mundiña aproveitou a súa comparecencia para agradecer a colaboración de todos os patrocinadores de Lugo10 ós que acaba de engadirse o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música.

www.lugo10.es