Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación colaboran cos comerciantes de Lugo na instalación do alumeado de Nadal que este ano non terá achega da Xunta


# Xoves, 11/11/2010
A Concelleira de Cultura anuncia o apoio do Concello e a Deputación ós comerciantes de Lugo na campaña do Nadal logo de que a Xunta non lles dera axuda para instalar o alumeado que comezará funcionar o 1 de decembro

O Concello e a Deputación provincial colaborarán coa Federación de Comercio para a instalación do alumeado de Nadal, logo de que os comerciantes amosaran a súa preocupación porque este ano non van contar con financiamento da Xunta de Galicia, segundo anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña.

Ante a falta de axudas da Xunta, os comerciantes pedíronlle máis colaboración ó Concello para a poñer o alumeado durante a campaña de Nadal. E grazas ó esforzo que van facer os comerciantes e as dúas institucións, Concello e Deputación provincial, o alumeado de Nadal acenderase o día 1 de decembro, segundo indicou a Concelleira de Cultura.

Logo de recibir a petición de máis axuda por parte da Federación de Comercio, o Concello, que todos os anos colabora economicamente na instalación do alumeado ademais de correr cos gastos do consumo de enerxía eléctrica, fixo xestións coa Deputación provincial que non dubidou en darlle apoio ó comercio lucense, explicou Nuria Mundiña.

“Nós sempre valoramos o esforzo dos comerciantes por ofrecer a mellor imaxe da nosa cidade, é un esforzo extraordinario por achegar os lucenses ó comercio local que é fundamental para actividade de Lugo”, sinalou a Concelleira.

Nuria Mundiña explicou que “desde a Federación Comercio chamáronos preocupados porque este ano non contaban coa financiamento da Xunta como outros anos para poder alumear as rúas da cidade no Nadal”.

Ante esta demanda, desde o Concello “cando nos pediron máis colaboración, non dubidamos en apoialos e buscamos axudas, que atopamos na Deputación provincial”. A Deputación, dixo Mundiña, “amosou o seu afán de colaboración desde o principio, de xeito desinteresado e comprendendo a importancia que ten a luz do Nadal para o comercio lucense”, manifestou a Concelleira quen anunciou a próxima sinatura dun convenio de colaboración para facer efectiva esa axuda.

A Concelleira de Cultura manifestou que a aportación do Concello ó alumeado de Nadal consiste nunha subvención nominativa por importe de 35.000 euros que se suma ó pago da factura que supón o alumeado durante as festas e a Deputación aportará 14.000 euros a través do convenio que se asinará nos vindeiros días.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova