Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Preocupación dos Concellos das sete grandes cidades porque os Orzamentos da Xunta para 2011 non inclúen consignación para o Plan Galego de Inclusión Social


# Venres, 12/11/2010
Os Concellos pediron unha entrevista coa Conselleira de Traballo e Benestar para clarexar o futuro do Plan de Inclusión

O Concello de Lugo comparte a preocupación existente nas sete grandes cidades galegas polo futuro do Plan Galego de Inclusión Social dado que os Orzamentos da Xunta para o ano que vén non inclúen consignación económica para o II Plan galego de Inclusión Social.

As Concelleiras delegadas desta área nas sete grandes cidades galegas, entre elas a responsable de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, solicitaron manter unha reunión coa Xunta para clarexar o futuro do devandito Plan.

A solicitude, dirixida á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, fíxose a través dunha carta que lle enviou a Concelleira de Santiago, Mar Martín, en representación de todas as Concelleiras delegadas das sete grandes cidades de Galicia.

Nela explicase que están “fondamente preocupadas ante o coñecemento da falta de consignación orzamentaria, por parte da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2011, para a contratación dos equipos de inclusión sociolaboral vinculados ao II Plan galego de Inclusión Social destas localidades”.

O escrito engade que “isto supón un gran quebranto para un elevado número de persoas destinatarias das súas accións, as persoas que se atopan en grave risco de exclusión social das grandes cidades galegas que aglutinan o maior número de persoas participantes do Plan”.

Tamén sinala que “no contexto de crise económica e laboral, estas persoas carentes dun apoio específico que promova a inserción social a través de procesos individualizados e integrais de inserción, incrementarán o nivel de demanda de recursos para a súa subsistencia, á súa vez limitados orzamentariamente”.

Indica ademais que “esta medida afecta á estabilidade laboral dun elevado número de profesionais, para os que a súa sostenibilidade é totalmente inviable con cargo a fondos municipais”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova