Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A partir de mañá poderán adquirise as entradas para o musical "The World of Abba", que chegará a Lugo o 26 de decembro


# Luns, 15/11/2010
As entradas, con prezos de 20, 22 e 24 euros, poderán mercarse a partir do martes 16 de novembro a través de Caixanova

Imaxe Asociada
A actuación será no Auditorio Gustavo Freire o domingo 26 de decembro en dobre función de 20.00 e 22.30 horas


“The World of Abba” é unha coprodución europea/norteamericana que conta cun elenco de músicos, cantantes e bailaríns de contrastado currículum mundial. A compañía está formada por 30 artistas, 22 en escena e 8 en cover, máis un equipo técnico de 6 especialistas. Os intérpretes, o mesmo que os bailaríns, foron seleccionados mediante un amplo casting ao que se presentaron máis de 2.500 persoas.

A primeira voz solista é a de Eva María Miguel Manjón, e como primeira bailarina e coreógrafa está Oriette de la Peña, tamén primeira bailarina do musical “Hoy no me puedo levantar”. A música en directo conta cos arranxos e a dirección do afamado músico Jules Fifher.

Os medios técnicos audiovisuais e de iluminación corren a cargo de Joe Ripio, responsable de espectáculos en casinos de Las Vegas, Río ou París. Nesta ocasión, o vestiario foi realizado polo afamado deseñador francés Pierre Le Granje, habitual nas grandes producións musicais europeas.

O espectáculo, que chegará ao Auditorio Gustavo Freire o 26 de decembro en dobre función, 20.00 e 22.30 horas, xa percorreu gran parte de España cun enorme éxito: Coliseum de A Coruña, Teatro Caja Burgos, Palacio de Congresos de Tarragona, Teatro Principal de Alicante, Auditorio Víctor Villegas de Murcia, Palacio de Congresos de Sevilla, Auditorio de Mérida, Palacio de Festivales de Cantabria, Auditorio Kursaal de San Sebastián, Buesa Arena en Vitoria ou o Auditorio de Zaragoza.

As entradas para o espectáculo poderán adquirise a partir de mañá martes 16 de novembro a través de Caixanova. Os prezos serán de 20, 22 ou 24 euros. Máis información: www.culturinter.com



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova