Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do Colexio de Albeiros visitan a Casa Consistorial


# Martes, 16/11/2010
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Educación recibiron no Salón de Plenos a un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do Colexio de Albeiros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Un grupo de trinta e tres rapaces e rapazas, que cursan 5º e 6º de primaria no Colexio de Albeiros, visitaron esta mañá a Casa do Concello. Os pequenos e pequenas, de 10 e 11 anos, foron recibidos polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, e pola Concelleira de Educación, Loly Vieiro, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Os rapaces e rapazas amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo Goberno Municipal. López Orozco explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas e peticións que lle fixeron os rapaces. Os alumnos e alumnas do Colexio de Albeiros expresaron ao Alcalde a súa preocupación polo reciclaxe e coidado do Medio Ambiente, e mostraron a súa preocupación polos atascos de tráfico que se producen a saída do Colexio.

O Alcalde de Lugo destacou a inmensa curiosidade dos rapaces e rapazas, e sinalou que “esto é ser bo cidadán, preocuparse polos demais e polas cousas que acontecen ao redor”. A curiosidade dos rapaces quedou satisfeita cando recibiron o agasallo institucional pola súa visita, que consistiu nun interesante libro de narración curta. Pola súa banda, o Alcalde recibiu unhas fotografías que mostran as actividades realizadas dende o Colexio de Albeiros, e que conta coa colaboración do tallista lucense Matías Aguado, co galo da celebración do Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

A visita ao Concello tivo lugar ás dez e media da mañá, e estaba encadrada nun día de excursión que posteriormente levou aos nenos e nenas a visitar os Museos da cidade.






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova