Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro de debuxo e cómic para nenos e nenas, impartido polo debuxante Santiago Gutiérrez


# Martes, 16/11/2010
O obradoiro “Taller de debuxo e cómic”, impartido polo debuxante profesional Santiago Gutiérrez, celebrarase o xoves 18 de novembro ás 19.00 horas

Imaxe Asociada

Poderán participar ata un máximo de 20 rapaces. As invitacións para participar no taller poden retirarse na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal continúa co seu programa de actividades de animación á lectura, que comezou o pasado mes de marzo, e que está dirixido especialmente para os máis pequenos. A través de obradoiros, espectáculos de contacontos, monicreques e creación literaria, búscase fomentar o hábito da lectura e estimular a imaxinación dos máis cativos.

Para este xoves, día 18 de novembro, a Biblioteca Municipal organiza un novo obradoiro, “Taller de debuxo e cómic”, dirixido a nenos e nenas maiores de 7 anos, e impartido polo debuxante profesional Santiago Gutiérrez, que achegará aos nenos e nenas ás técnicas de debuxo e deseño para ilustrar contos e cómics, ademais de nocións básicas para redactar un guión. Estas actividades son gratuítas, e celébranse todos os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación de aforo (máximo 20 participantes) os pais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma biblioteca.

Santiago Gutiérrez é un dos ilustradores galegos máis prometedores e conta cunha dilatada experiencia como debuxante en medios de comunicación, nos que asina as súas creacións baixo o nome de Santy. Coñecidas son as súas viñetas no diario El Progreso, ademais das súas colaboracións en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Atlántico Diario… Asimesmo, fixo incursións no mundo da publicidade e participou en diversos certames.

Podes ver todas as actividades de 2010: descargar PDF co programa de actividades

Coñece a Biblioteca Municipal




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova