Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os usuarios do novo Hospital poderán aparcar gratis grazas ó Concello e a Deputación


# Mércores, 17/11/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde e a Vicepresidenta Segunda da Deputación visitaron hoxe á finca municipal na que se fará o aparcamento gratuíto porque a Xunta mantén a súa intención de cobrar por aparcar no HULA pese ós reiterados requirimentos que lle fixo o Concello


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, visitaron esta mañá a parcela de propiedade municipal que se converterá nun aparcadoiro gratuíto que dará servizo ós usuarios do Hospital Lucus Augusti. Na visita tamén participaron os Concelleiros de Infraestruturas, José Piñeiro, e de Transportes, José Rábade, acompañados por técnicos das dúas institucións.

“As promesas son débedas e este é o momento de cumprir a promesa que fixen” manifestou o Alcalde.

López Orozco explicou que o Concello, coa colaboración da Deputación, vai poñer ó servizo dos usuarios do novo Hospital un lugar onte aparcar gratis “visto que non deron resultado as xestións feitas para que se poida aparcar de balde no Hospital, posto que a Consellería de Sanidade xa licitou o aparcamento”.

Hoxe mesmo, os técnicos do Concello e da Deputación provincial foron encargados de facer o levantamento topográfico da parcela, que ten unha superficie de 25.280 metros cadrados, situada fronte á entrada principal do HULA e dispón de fácil acceso. Nesa parcela pódense habilitar alomenos 400 prazas de estacionamento, segundo as estimacións dos técnicos.

O Alcalde tamén anunciou que, se xurdira algún impedimento para instalar aí o aparcadoiro, o Concello dispón doutros dous terreos situados no contorno da entrada de Urxencias que servirían de alternativa para facer un parking gratuíto.

Desde o primeiro momento, o Alcalde de Lugo reclamoulle á Consellería de Sanidade a gratuidade do aparcamento que se construíu no Hospital tendo en conta que os terreos nos que se edificou o HULA fóronlle cedidos gratuitamente á Xunta polo Concello, é dicir polos veciños de Lugo, que ademais se fixo cargo da construción dos viais perimetrais e da dotación de servizos. Todo elo supuxo un investimento de máis de 7 millóns de euros que saíron das arcas municipais, isto é do peto dos contribuíntes de Lugo.

Licenzas

Sobre a tramitación das licenzas pendentes para que o Hospital poida abrir, tal como se prometeu, o dia 22, o Alcalde declarou, a preguntas dos xornalistas, que “hoxe entráronlles as présas, chamaron ás nove da mañá para falar das licenzas e haberá unha reunión ás doce para ver os trámites pendentes”.

“Por nós non vai quedar”, dixo López Orozco e engadiu que “nós imos facer todo o que estea nas nosas mans, dentro dos límites legais”.

O Alcalde referiuse as licenzas pendentes nunha carta que lle remitiu o pasado sábado á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que reiterou o ofrecemento de colaboración do Concello para poñer en marcha o novo Hospital. Nela López Orozco dicíalle a Farjas literalmente “están pendentes neste momento licenzas para o novo Hospital, nas que nos pediron fomos áxiles na súa concesión e queremos selo tamén nas que están pendentes de solicitude ou pendentes de que se corrixan deficiencias”


Auga

O Alcalde tamén se referiu ó subministro de auga ó Hospital. “A auga que solicitaran estase dando: cada oito horas subminístranse 840 metros cúbicos que multiplicado por tres dá 2.400 metros cúbicos ó día”, explicou o rexedor municipal.

“Non creo que poidan gastar toda esa auga”, opinou o Alcalde. López Orozco tamén chamou a atención sobre o feito de que “para regar as zonas verdes poderían recoller a auga da chuvia nun pequeno depósito ou aproveitar a obra que estamos facendo para canalizar auga non potabilizada ó Ceao, proxecto do que lle falei ó Presidente da Xunta, e así abaratarían custes”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova