Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde considera que a construción do Auditorio é un acto de xustiza para Lugo


# Mércores, 17/11/2010
Concello e Xunta asinaron hoxe un anexo ao convenio que establece os prazos e financiamento para a construción desta infraestrutura

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá unha addenda ao convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a construción do Centro Cultural-Auditorio de Lugo có Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández Fernández Rojas. Deste xeito, quedan fixados os prazos de execución e financiamento para este proxecto, que xa saíron publicados no Diario Oficial da UE, no BOE e no DOG. O acto estivo presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O Alcalde de Lugo expresou a súa enorme satisfacción, e destacou que “hoxe é un día grande para a nosa cidade, para todos os lucenses, e para todos aqueles que traballamos neste proxecto”, e sinalou que “este é un investimento que merecemos, é un acto de xustiza para Lugo”. Do mesmo xeito, animou a todos os cidadáns e asociacións culturais a difrutar e manter o que será “unha obra moi necesaria para Lugo e para toda a provincia” xa que segundo sinalou López Orozco, “a cultura é a que da a liberdade”.

Tanto o Presidente da Xunta de Galicia como o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, destacaron a enorme loita da cidade por conseguir unha estrutura cultural moi desexada, que hoxe xa é real, e que conta con prazos oficiais e cun investimento aproximado de 20.000.000 de euros.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mostrouse enormemente satisfeito de conseguir “un lugar de encontro, un lugar onde os lucenses disfruten e teñan a calidade e plenitude de vida”, e animou ao Presidente da Xunta a investir en Lugo, unha provincia, xunto coa de Ourense, menos desenrolada da comunidade, e beneficiaria das axudas dos fondos europeos, que Galicia perderá no ano 2013. Orozco sinalou que “debe traballarse por unha Galicia compensada”.

Segundo o proxecto técnico, a obra presenta un orzamento de licitación de 18.076.639,99 euros, sendo necesario incrementar as previsións de gasto das achegas da CMATI, ata un total de 19.927.663,73 euros. Esta modificación supón un incremento de 6.520.723,97 euros e un reaxuste nas anualidades establecidas dentro da vixencia do convenio, que pasan a ser as seguintes:


Anualidade de 2004: 84.282,12 €
Anualidade de 2005: 0,00 €
Anualidade de 2006: 102.004,04 €
Anualidade de 2007: 0,00 €
Anualidade de 2008: 0,00 €
Anualidade de 2009: 85.000,00 €
Anualidade de 2010: 22.220,77 €
Anualidade de 2011: 3.100.000,00 €
Anualidade de 2012: 4.000.000,00 €
Anualidade de 2013: 5.100.000,00 €
Anualidade de 2014: 7.434.156,80 €




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova