Imprimir

O CONCELLO APROBA MÁIS DE 12.000 EUROS EN AXUDAS PARA MELLORA DE LOCAIS DENTRO DO PLAN URBAN


17/11/2010

O Concello de Lugo vén de aprobar a concesión de axudas por importe de máis de 12.000 euros para efectuar melloras de locais correspondentes ó Plan Urban.

En total, concedéronse nove axudas por un importe de 12.114 euros para facer melloras en locais situados no Casco histórico. Estas axudas para facer melloras en locais comerciais e de hostalería corresponden á terceira fase do ano 2010 do Plan Urban, que ten financiamento do Concello, a Deputación provincial e a Unión Europea.

Desde o seu inicio, no ano 2009, o Plan Urban leva concedido, con estas, 85 axudas para melloras en locais, que inclúen actuacións en rótulos, fachadas e terrazas, por un total de 136.360 euros.

Ademais, a semana que vén, resolveranse as solicitudes de axudas para a creación de empresas no Centro histórico. A esta liña de subvencións presentáronse  dez solicitudes.

O proxecto de orzamento de 2011, que van presentar mañá o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, incluirá a continuación destas dúas liñas de axudas que teñen o obxectivo de dinamizar o Casco histórico de Lugo. Á mellora de locais está previsto adicar 200.000 euros e á creación de empresas outros 150.000 euros.

www.lugo.es/urban