Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 e SEUR levarán a imaxe da Muralla Romana por todo o territorio nacional


# Venres, 19/11/2010
O Alcalde de Lugo e o Director Comercial de SEUR en Lugo asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco do programa Lugo10

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

SEUR producirá 32.500 sobres especiais conmemorativos do Décimo Aniversario e rotulará 23 furgonetas, que promocionarán a imaxe de Lugo durante o que resta de ano e o vindeiro ano 2011

Presentouse ademais, o Concurso de Fotografía SEUR LUGO 10, que arrinca hoxe mesmo a través das redes sociais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Comercial de SEUR en Lugo, Roberto Tomé Marcote, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco do programa conmemorativo Lugo10. Segundo anunciou o Alcalde, a empresa SEUR producirá 32.500 sobres especiais da marca Lugo10, que levarán a imaxe da Muralla Romana por todo o territorio peninsular. Ademais, 23 furgonetas viniladas, promocionarán a imaxe de Lugo nas estradas no que resta de ano 2010 e durante todo o vindeiro ano 2011.

O Alcalde mostrou a súa satisfacción pola colaboración coa empresa SEUR, “unha empresa afincada na nosa cidade dende hai cerca de 30 anos e que como un veciño máis da cidade quixo colaborar e participar con Lugo10. Para nós é un día de moita alegría”, sinalou López Orozco. Pola súa banda, Roberto Tomé Marcote expresou a súa satisfacción por colaborar có programa conmemorativo Lugo10 e “poder levar a calquera lugar onde chegue un dos sobres a imaxe da nosa cidade, una cidade de nota”.

Ademais, o Director Comercial de SEUR en Lugo, anunciou o comezo dun concurso fotográfico que comeza hoxe mesmo a través das redes sociais.

Concurso fotográfico SEUR Lugo10

Porque nos gusta Lugo, porque hai que celebrar estes dez anos dende a declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial. Porque hai recunchos increíbles a tan só uns metros de onde vivimos. Porque Lugo merece un 10.

Por todo elo, convocamos este concurso de fotografía co apoio de SEUR LUGO e co obxectivo de premiar e recoñecer as mellores imaxes da nosa muralla e cidade. Valoraremos a creatividade, a orixinalidade e sobre todo, a esencia.

O concurso está aberto a todos os amigos de Facebook, Twitter e redes sociais e hai en xogo estupendos premios, pero sobre todo, o prestixio de ser os autores dunhas fotografías que verá moita xente. O único que hai que facer é ler as bases con atención, enviarnos a túa fotografía á dirección de correo electrónico indicada, e votar as fotos que máis vos gusten durante a fase de votacións.

BASES:

Participación. Poderá participar neste concurso calquera persoa residente en España, maior de 14 anos e que non se adique profesionalmente á fotografía.

Obxecto e finalidade. A finalidade deste concurso é evidenciar que a cidade de Lugo e a súa xente merece un dez por moitas razóns. Valoraranse as fotografías con imaxes positivas nas que se reflexe a filosofía do programa Lugo10, que conmemora o Décimo Aniversario da Declaración da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio Mundial.

Categorías. O concurso ten tres categorías para participar:

“Muralla”. Hai miles de puntos e formas de fotografiar o noso gran monumento.

“Lugo merece un 10”. Zonas, persoas, rincóns ou aspectos da cidade que destacan polo seu atractivo e que deberían coñecer as persoas que se acheguen ata Lugo. Tamén se recollen nesta categoría xestos, símbolos, ou actos que destacan o valor, a solidariedade, a hospitalidade, o carácter sobresaliente dos lucenses, etc.

“SEUR con Lugo 10”. ¿Como sería a Muralla o a cidade de Lugo vista dende o interior dun coche o unha furgoneta de SEUR?

Participación. Cada concursante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías por cada unha das tres categorías propostas no punto anterior, non sendo obrigatoria a participación en todas elas. O único que ten que facer é enviar os arquivos en formato “jpg” á dirección de correo electrónico seur.lugo10arrobagmail.com entre o 19 e o 23 de novembro de 2010, indicando o nome e apelidos, lugar de realización das fotografías e a categoría ou categorías para as que se presenta cada unha delas. As fotografías deberán ser orixinais e inéditas. Coa participación neste concurso, os autores permiten ao Concello de Lugo, que expoña, publique así como que desenvolva calquera outra actividade de promoción turística coas fotografías, citando sempre, e en calquera caso, o nome do autor.

Dotación. Os premios serán:

- Premio aos tres primeiros clasificados de cada categoría: Unha Cámara Dixital Compacta marca Kodak con resolución de 12,5 Mpix. e zoom óptico 3 X.

- Premio aos 3 segundos clasificados de cada categoría: Unha Mini-cadena HI FI Stereo, con lector CD programable, Radio FM, Despertador por radio ou CD, USB conexión, mando a distancia, 2 altofalantes de 2 vías e toma de auriculares. 

- Premio aos 3 terceiros clasificados de cada categoría: Un libro Edición Especial Seur de Joaquín Araújo con temática AGUA, e unha Memoria USB con 2 GB de memoria. 

Votación pública. Unha vez finalizado o prazo de envío de fotografías (ás 23.59 horas do vindeiro martes 23 de novembro de 2010), a organización publicará as fotos de todos os participantes nun álbum na páxina de facebook de Lugo 10: facebook.com/lugo10 e comezará o proceso de votacións públicas, que se estenderá ata as 23.59 horas do vindeiro domingo 28 de novembro de 2010. Os usuarios da páxina poderán valorar cada unha das fotografías, incluída a súa propia, a través do enlace "Me gusta" situado xunto a cada unha delas.

Anuncio de finalistas. Ao finalizar o período de votacións públicas, aquelas cinco fotografías que recibiran un maior número de votos ("Me gusta") en cada unha das categorías, serán as finalistas. Esos 15 finalistas recibirán como premio unha botella de Coca Cola edición especial Muralla de Lugo, independentemente de que resultaran gañadores.

Votación do xurado e anuncio de gañadores. Tras a publicación dos quince finalistas durante a mañá do luns 29 de novembro de 2010, un xurado formado por membros do equipo de Lugo 10 e SEUR Lugo, será o encargado de seleccionar as tres fotografías premiadas por cada unha das tres categorías, e que serán anunciadas as 12.00 horas a través da páxina facebook.com/Lugo10.

Entrega de Premios. Todos os finalistas e gañadores poderán acudir ao acto de entrega de Premios, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Lugo as 17.00 horas do luns 29 de novembro de 2010.

A organización resérvase o dereito de ampliar ou recortar estes prazos en función do desarrollo do mesmo. A participación neste concurso supón a total aceptación das presentes bases.


www.lugo10.es

facebook.com/Lugo10

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova