Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os deportistas de Lugo súmanse ós actos contra a violencia de xénero organizados polo Concello


# Venres, 19/11/2010
Nos partidos que xoguen en Lugo Breogán, Clube Deportivo Lugo, Azkar, Emeve e Ensino gardarase un minuto de silencio e os deportistas participarán na lectura dun manifesto no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e de Deportes e Turismo, presentaron esta mañá unha iniciativa coa que os deportistas de Lugo apoian a campaña de loita contra a violencia de xénero que leva a cabo o Concello.

Na presentación da iniciativa participaron Carlos Mouriz, representante de CD Lugo; Oscar Hermida, do Azkar; José Bouza, do Emeve; Cristino Menor, polo Breogan, e Iván García Rodríguez, en representación do Ensino.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, agradeceulles ós deportistas de Lugo o seu compromiso para acabar con esta lacra e para traballar na transmisión de valores como a igualdade entre homes e mulleres.

Basadre anunciou que os deportistas van participar o día 25, data na que se conmemora o Día internacional contra a violencia de xénero, na lectura dun manifesto que correrá a cargo de homes de Lugo. O acto terá lugar ás 12.00 na praza de Santo Domingo, onde tamén se fará unha ofrenda floral en recordo das mulleres vítimas da violencia de xénero.

Ademais, os clubes participantes nesta iniciativa gardarán un minuto de silencio e portarán unha pancarta contra a violencia sexista nos distintos partidos que xogarán en en Lugo nesta ou a próxima fin de semana.

Tanto a Concelleira de Benestar Social como os representantes dos cinco clubes deportivos salientaron a importancia de que o mundo do Deportes se involucre na loita contra a violencia de xénero.

Basadre e os representantes dos equipos participantes na iniciativa lembraron tamén que este ano é especialmente triste porque tamén unha muller de Lugo morreu pola violencia machista.

O vindeiro sábado, día 20, gardarase un minuto de silencio no partido que xogará o Ensino, ás 19.00; o domingo, día 21, gardarase un minuto de silencio nos encontros que desputarán o Breogán, ás 12.15, e o Clube Deportivo Lugo, ás 17.00. O sábado día 27 tamén se gardará un minuto de silencio no partido que xogará o Azkar, ás 18.00, e o Emeve, ás 20.30. E, finalmente, o domingo 28 haberá un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero no partido do Emeve ás 12.00.

Durante todo este mes, a Concellería de Benestar Social e Igualdade vén organizando unha serie de actos que se enmarcan nas Xornadas de prevención contra a violencia de Xénero, que se desenvolven baixo o lema “Abróchate”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova