O Alcalde de Lugo participou na presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra" editado pola Fundación Luis Tilve coa colaboración da Deputación
# Venres, 19/11/2010
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Deputado de Vías e Obras da Deputación, Juan José Díaz Valiño, participaron este venres na presentación de Juan Tizón Herrero. El Pensamiento hecho palabra.
Trátase dunha publicación da Fundación Tilve, que tivo a colaboración da Deputación provincial sobre a vida do que foi militante do Partido Socialista, Secretario do Sindicato Nacional Ferroviario de UXT en Monforte de Lemos, Vicepresidente da Deputación de Lugo, e Alcalde da cidade do Cabe.
A Fundación Luis Tilve fomenta o coñecemento e a difusión da historia do movemento obreiro e sindical na Comunidade, e que custodia os arquivos históricos de UXT Galicia.
No acto de presentación estiveron ademais, o Secretario da Fundación Luis Tilve, Rogelio Pérez; o Secretario Xeral de UXT Lugo, Manuel Chaín; a Historiadora e escritora da obra, Rosa María López, así como membros da familia Tizón.
Compartir: