Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "JUAN TIZÓN HERREROS. EL PENSAMIENTO HECHO PALABRA" EDITADO POLA FUNDACIÓN LUIS TILVE COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN


19/11/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Deputado de Vías e Obras da Deputación, Juan José Díaz Valiño, participaron este venres na presentación de Juan Tizón Herrero. El Pensamiento hecho palabra.

Trátase dunha publicación da Fundación Tilve, que tivo a colaboración da Deputación provincial sobre a vida do que foi militante do Partido Socialista, Secretario do Sindicato Nacional Ferroviario de UXT en Monforte de Lemos, Vicepresidente da Deputación de Lugo, e Alcalde da cidade do Cabe.

A Fundación Luis Tilve fomenta o coñecemento e a difusión da historia do movemento obreiro e sindical na Comunidade, e que custodia os arquivos históricos de UXT Galicia.

No acto de presentación estiveron ademais, o Secretario da Fundación Luis Tilve, Rogelio Pérez; o Secretario Xeral de UXT Lugo, Manuel Chaín; a Historiadora e escritora da obra, Rosa María López, así como membros da familia Tizón.