Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presentou hoxe os novos buses que prestarán o servizo de transporte público ó Hospital Lucus Augusti desde o vindeiro luns


# Venres, 19/11/2010
O Alcalde destaca o investimento para crear transporte público ó novo Hospital e anima a cidadáns e traballadores a desprazarse no bus

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Na primeira semana o servizo de autobús será gratuíto e funcionará polas mañás

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Transportes e Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os novos autobuses urbanos que comunicarán co Hospital Lucus Augusti a partir do vindeiro luns, día 22.

López Orozco anunciou que durante a primeira semana o servizo será gratuíto para promover o uso do transporte público. Neste sentido, o Alcalde destacou que “temos o bus máis barato de toda Galicia e unha flota de autobuses moderna, polo que fago un chamamento ós cidadáns e ós traballadores para que aproveiten un servizo que é rápido, cómodo e máis barato que pagar o aparcamento”.

Tamén destacou o rexedor municipal que se trata “dun investimento moi importante que fai o Concello para dar un maior e mellor servizo a quenes traballen ou teñan que ir por outros motivos ó Hospital”. E lembrou que o transporte urbano de Lugo consta de 19 liñas e 22 autobuses. Desde o ano 2000 renováronse 16 buses polo que a idade media da flota de vehículos é de 6,12 anos.

O Alcalde explicou que o servizo ordinario constará de dúas liñas que sairán cada 25´ da Ronda da Muralla, na zona de Sindicatos. Unha delas, a 14, irá por Carlos Azcárraga e a Fervedoira, e a outra, a 14A, polas Gándaras.

Tamén están programados servizos especiais, compostos por tres liñas, que cubrirán os horarios de entrada e saída dos traballadores do Hospital. A liña 14 iniciará o percorrido na Ronda da Muralla, diante dos Sindicatos; a 14A da Fonte dos Ranchos, na zona do Hospital Xeral; e a 14B de Alfonso X, na Cidade Universitaria. Neste caso os horarios de saída serán 7.20, 14.20 e 21.20.

A creación destas liñas especiais foi acordada polo Concello coa Xunta de Persoal do Hospital pero o servizo é para todos os usuarios. De feito, o Concelleiro de Transportes, José Rábade, manifestou que o servizo especial que funcionará a mediodía cadra co horario para facer visitas a doentes hospitalizados.

Rábade tamén destacou que estas novas liñas de autobuses urbanos supoñen unha “aposta importante que fai o Concello” e indicou que na primeira semana os buses só funcionarán pola mañá porque o Sergas comunicoulle ó Concello que o HULA non abrirá de momento polas tardes. Desde xeito, o último servizo será ás 15.15 horas.

Explicou ademais o Concelleiro que, segundo informou o Sergas polo de agora, o único acceso ó Hospital será pola porta principal onde fará a parada o bus na marquesina que xa está instalada.

Os novos vehículos que prestarán o servizo de transporte público ó Hospital Lucus Augusti teñen capacidade para transportar 86 pasaxeiros, 30 sentados e 56 de pé, e están dotados con rampa de minusválidos. Son da marca Son MERCEDES BENZ CITARO


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova