Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este luns empezaron funcionar os autobuses urbanos ó Hospital Lucus Augusti


# Luns, 22/11/2010
O Concello instalou tres marquesinas para buses e taxis nos accesos ó Hospital

Imaxe Asociada

O servizo de transporte público ó Hospital Lucus Augusti funciona desde esta mañá, tal como estaba previsto, segundo informou o Concelleiro de Protección da Comunidade e Transportes, José Rábade.

O Concello decidiu que os buses sexan gratuítos durante estes primeiros días co fin de promocionar o uso do transporte público nos desprazamentos ó Hospital que, de momento, funciona só polas mañás. Por este motivo, os autobuses urbanos realizan desde hoxe o servizo entre as 7.20 e as 15.15 ata que o HULA non abra tamén pola tarde.

A entrada en funcionamento do transporte público ó Hospital comezou ás 7.20 cando saíron as tres liñas dos servizos especiais que cubrirán os horarios de entrada e saída dos traballadores do Hospital. A liña 14 iniciará o percorrido na Ronda da Muralla, diante dos Sindicatos; a 14A da Fonte dos Ranchos, na zona do Hospital Xeral; e a 14B de Alfonso X, na Cidade Universitaria. Os horarios de saída cando o HULA funcione a pleno rendemento serán 7.20, 14.20 e 21.20.

O resto do día a cidade está comunicada co Hospital con dúas liñas que saen cada 25´ da Ronda da Muralla, na zona de Sindicatos. Unha delas, a 14, fai o recorrido por Carlos Azcárraga e a Fervedoira, e a outra, a 14A, polas Gándaras.

De momento o único acceso ó Hospital é pola porta principal, onde fai a parada o bus nunha das tres marquesinas cuxa instalación correu por conta do Concello. Na porta principal a Concellería de Transportes habilitou tamén unha marquesina para os taxis e a terceira marquesina é para os autobuses urbanos e está situada na porta do acceso para o persoal, que non está operativa de momento.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova