Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 presenta unha publicación que reúne os traballos literarios e artísticos ganadores dos Premios Muralla de Lugo nas súas dez edicións


# Luns, 22/11/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron hoxe unha publicación de Lugo 10 que recolle os traballos que ganaron os Premios Muralla de Lugo de redacción e debuxo durante as dez edicións destes galardóns.

O acto tivo lugar esta tarde no salón de plenos do Concello e a el asistiron a maioría dos nenos e nenas premiados, ademais de representantes da corporación municipal e das outras institucións que colaboran na convocatoria dos premios.

O Alcalde destacou a importancia de que os nenos aprendan que “a Muralla é de todos e temos que coidala todos”. Tamén salientou López Orozco que este concurso “trascendeu a nosa cidade e xa hai alumnos de moitos colexios de Galicia que participan del, de xeito que a nosa Muralla é coñecida tamén fóra da cidade e da provincia”.

O Alcalde dixo, ademais, que Blanca García Montenegro foi que de “unir a tirios e troianos para levar a cabo esta iniciativa que, nestes dez anos, deu como froito o traballo en común de nenos e nenas no que tamén foi importante que se involucraran profesores e pais”.

A Presidenta de El Progreso dixo que xa fai dez anos da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial pola Unesco que deu lugar ó nacemento dos premios Muralla de Lugo ós que se presentaron centros de traballos que demostra que “o futuro da Muralla está en boas mans”.

Blanca García Montenegro tamén explicou que “aproveitando o Lugo10, o Alcalde tivo a feliz idea de publicar este libriño que recolle os traballos premiados nestes dez anos”.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova