Imprimir

O CONCELLO COBROU DA XUNTA 10 EUROS O METRO CADRADO EXPROPIADO PARA FACER O POLÍGONO DAS GÁNDARAS E AGORA ESES TERREOS VÉNDENSE ATA 130 EUROS O METRO


11/11/2010 O Alcalde, José López Orozco, propón que a Xunta rebaixe o prezo de venda para facilitar a instalación de empresas e a creación de postos de traballo

Os cartos que recibiu o Concello pola expropiación, 14,1 millóns de euros, investiuse en actuacións como a Biblioteca e a Escola infantil da Piringalla



O Concello de Lugo cobrou 10 euros por cada metro cadrado que lle expropiou a Xunta para construír o polígono das Gándaras e agora eses terreos véndense a prezos que van de 95 a 130 euros o metro cadrado.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, lembrou hoxe que a Xunta pagoulle ós lucenses, a través do Concello de Lugo 14.166.576,90 euros pola expropiación de 1.413.722 metros cadrados para construír o polígono das Gándaras. Eses cartos, explicou o Alcalde, pagáronse “en cómodos prazos, porque consideramos que o polígono das Gándaras era tan importante para Lugo que o Concello non quería non queríamos poñerlle ningún atranco e, de feito, se hai parcelas que xa están á venda é porque fixemos este bo acordo para ”

A expropiación forzosa fíxose por mutuo acordo a través dun convenio asinado o 27 de outubro de 2007 para que eses terreos pasaran a ser propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo para poder desenvolver alí o polígono das Gándaras.

Para o Alcalde, “o prezo de venda, que foi de 10 euros o metro cadrado, consideramos que era xusto porque

O Alcalde indicou que con este acordo “a Xunta logrou facerse dunha vez con preto do 70% do terreo e o resto tivo que ir expropiándoo predio por predio”