Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla será protagonista do cupón da ONCE no décimo aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial


# Mércores, 24/11/2010
A ONCE pon en circulación cinco millóns de cupóns coa imaxe da Muralla e de Lugo10

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradás, presentaron hoxe o cupón adicado á Muralla de Lugo con motivo do décimo aniversario da declaración do monumento romano como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

O cupón que sorteará a ONCE o día 30 de novembro, data na que se cumpren os dez anos da declaración da nosa Muralla como Patrimonio Mundial, levará a imaxe da Muralla de Lugo e o logotipo de Lugo10.

López Orozco agradeceulle á ONCE esta nova colaboración co programa de actividades de Lugo10 que suporá a difusión da Muralla, e polo tanto da nosa cidade, en toda España, xa que se porán a venda cinco millóns de cupóns para o sorteo que se celebrará o día 30.

“Imos estar en todos os lugares de España, tanto a Muralla como o proxecto Lugo10 grazas á ONCE e iso é unha promoción para a cidade impagable”, dixo o Alcalde no acto ó que asistiron membros da corporación municipal e patrocinadores do programa Lugo10.

O Delegado Territorial da ONCE en Galicia manifestou a súa satisfacción por “ser patrocinadores de Lugo10” e por “axudar á imaxe de Lugo e da súa Muralla”. Tamén lembrou que xa a pasada primavera a ONCE organizou, dentro de Lugo10, unha exhibición de cans guía e unha conferencia.

O cupón da Muralla, que se sorteará o martes que vén, custa 1,5 euros e o ganador do primeiro premio recibirá un premio de 35.000 euros.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova