Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para inscribirse en novos cursos do programa "Lugo Emprego activo" que organiza o Concello


# Xoves, 25/11/2010
Adícanse a persoas desempregadas e poderán apuntarse ata o 15 de xaneiro

A partir de hoxe, 25 de novembro, e ata o 15 de xaneiro de 2011 estará aberto o prazo para inscribirse en tres novos cursos do programa “Lugo emprego activo”, que promove o Concello de Lugo cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Os cursos que se ofrecen son os de Coidador/a de persoas discapacitadas físicas e psíquicas cunha duración de 200 horas; Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer de 250 horas e un de técnico/a en transporte sanitario de 385 horas de duración. Durante o desenvolvemento do curso haberá diferentes obradoiros obrigatorios nos que aprenderan a traballar diferentes habilidades.

Os solicitantes deberán cumprir dous requisitos indispensables, estar en situación legal de desemprego no momento do inicio do itinerario de inserción laboral e non ter participado neste proxecto en ocasións anteriores.

“Lugo emprego activo“ é un proxecto integral de inserción laboral das persoas que participen nel tendo como obxectivo a consecución da integración no mercado laboral dos cidadáns con maiores dificultades de acceso a el

Para máis información e para presentar as solicitudes poden acudir a Atención ao cidadán, en Espazo>lab, centro de orientación do Concello de Lugo ou descargar das páxinas : www.lugo.es/espazolab o www.lugo.es

Bases e solicitudes na sección "Tramita na túa casa"






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova