Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras de acondicionamento da marxe dereita do Miño estarán rematadas a finais de decembro


# Xoves, 25/11/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Presidente da Deputación visitaron unha actuación na que se invisten 4,76 millóns de euros e que inclúe a construción da pasarela de San Lázaro

O Alcalde, José López Orozco, acompañado do Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, visitou as obras de terminación do acondicionamento da marxe dereita do río Miño.

Esta actuación, que supón un investimento de 4,76 millóns de euros, ten o obxectivo de rematar unha actuación que estivera paralizada tralo concurso de acreedores que presentou en 2008 unha das empresas construtoras, o que obrigou a volver adxudicar as obras que se retomaron o pasado mes de agosto.

O Alcalde salientou que grazas ó labor do Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño foi posible retomar as obras e destacou a importancia da pasarela que se está construíndo sobre o río coa que se vai crear “un paseo de 16 quilómetros ó enlazar as dúas beiras do Miño”.

Para López Orozco, “esta é unha das obras que fai do noso un Concello diferente ó que atopei ó chegar á Alcaldía en 1999 e que nos sinala o camiño no que debemos seguir traballando”.

Tamén dixo o Alcalde que a pasarela sobre o Miño “vai ser beneficiar moito ós lucenses” e dixo que “será moi utilizada polos veciños de San Lázaro e polos usuarios do Clube Fluvial dispoñan dun bo aparcamento na zona do Estadio Angel Carro o que evitará problemas de circulación na rúa Fermín Rivera”.

O Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil anunciou que a pasarela estará rematada “a finais do mes de decembro”, e lembrou as dificultades que houbo que superar tralas dificultades económicas dunha das empresas construtoras que provocaran a paralización da construción da pasarela sobre o Miño.

Francisco Liñares indicou que para retomar os traballos adxudicouse á empresa Sacyr en 1.502.000 euros, incluída a construción da pasarela e as obras pendentes nos sendeiros.

Tamén sinalou que o Alcalde foi o artífice da ubicación da pasarela na zona na que se está a construír porque vai prestar mellor servizo ós veciños barrio de San Lázaro.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que esta obra é posible “grazas ó impulso definitivo que lle deu o Presidente Confederación Hidrográfica do Miño-Sil” e afirmou que con actuacións coma esta “as tres administracións, Goberno de España, Deputación e Concello demóstranlle á cidadanía a nosa preocupación polo entorno natural e cal é a nosa forma de facer unha cidade e unha provincia”.

Gómez Besteiro tamén declarou que a Deputación “está moi implicada na recuperación das sendas Miño e na colaboración coas outras administracións” e lembrou que foi “o Alcalde quen loitou porque a ubicación fora aquí, no mellor para a maioría dos veciños”.

A obra

O acondicionamento da marxe dereita do Miño consiste na construción dun sendeiro de 2,5 metros de ancho e case que 9 quilómetros de longo que vai pola marxe dereita do río desde Ombreiro ata a cidade, onde conecta coa rede de sendeiros que comeza no Parque do Miño e que permitirá, unha ver rematada, un percorrido completo pola zona da ribeira dos ríos Miño, Rato e Fervedoira.

A pasarela de San Lázaro que comunica as dúas beiras do río Miño é unha pasarela colgante, cunha luz de 109 metros de apoio, constituída por cables de aceiro, que se apoian sobre dous pilonos de 23 metros de altura . A nova pasarela contará con 104 péndolas verticais de aceiro que sosterán un taboleiro de formigón armado de só 36 centímetros de espesor e 3,40 metros de ancho.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova