Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns inaugurase unha exposición de fotografías de medio cento de lucenses do mundo da Cultura dentro do programa Lugo10


# Xoves, 25/11/2010
As fotografías da exposición “A Muralla Co-Habitada” instalaranse na Estación de Autobuses e no Edificio Administrativo do Concello

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Medio cento de persoeiros do mundo da Cultura participan nunha nova iniciativa do programa Lugo10. Prestaron a súa imaxe para unha exposición de fotografías “A Muralla Co-Habitada” coa que apoian a Muralla.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña,considera que se trata dunha importante achega de lucenses vencellados ó mundo cultural en apoio do noso monumento máis emblemático no ano no que se conmemora o décimo aniversario da súa declaración pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

A exposición consta de 39 fotografías que se instalarán no Edificio Administrativo do Concello e na Estación de Autobuses, onde está previsto que permanezan durante un ano.

O acto inaugural terá lugar o luns, día 29 de novembro, ás 20.00 horas no Edificio Administrativo do Concello.

A comisaria da mostra é a artista Luz Darriba e as fotografías son de José Reigosa que comezou facelas no mes de maio.

A exposición basease no proxecto Universos Co-Habitados de Alejandro Masseilot e consta de fotografías de Ángeles Fernández Maira, Arturo Vaquero, Carmen Blanco, Carlos Valcarcel, Claudio Rodríguez Fer, Darío Villanueva, Darío Xohán Cabana, Ernesto Sánchez Pombo, Felipe Arias, Helena Villar Janeiro, Isidoro Rodríguez, Isidro Novo, José de Cora, Juan Carlos Zahera, Jorge Coira, José Vázquez Cereijo, Juan Soto, Luis Tosar, Luz Darriba, Manolo Sicart, Marta Rivera de la Cruz, Margarida Ledo Andión, Marica Campo, Mini e Mero, Mónica Alonso, Noemí Mazoy, Paco Pestana, Paco Rivera Cela, Pablo Núñez, Paloma Lugilde e Palimoco, Pilocha, Quique Muruais, Quique Bordell, Tareixa Campo, Tonina Gay, Xesús Rábade Paredes, Xosé Blázquez, Xerardo Pardo de Vera e Xulio Xiz.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova