Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurado o novo curso das Aulas da Terceira Idade de Lugo no que participan 100 alumnos


# Xoves, 25/11/2010
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade participou no acto inaugural

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, xunto ó Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Director Xeral das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL), Rafael Romero, e a Coordinadora das mesmas en Lugo, Conchita Pintos, inaugurou este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o curso 2010-2011 de ATEGAL na provincia no que están a participar 100 alumnos.

Este colectivo sen ánimo de lucro promove por toda España, dende 1978, actividades socioculturais para maiores encamiñadas á mellora da calidade de vida e o benestar. En Lugo, comezou a súa actividade hai 20 anos. Gómez Besteiro destacou a labor de Conchita Pintos, “alma máter” das Aulas en Lugo, das que se atopa á fronte dende o seu inicio na provincia.

ATEGAL organiza obradoiros de teatro, memoria, ximnasia, informática, manualidades, cestaría, conferencias sobre saúde, animación á lectura, etc. Na provincia, o programa de actividades estase a desenvolver nun dos pavillóns do INLUDES, concretamente onde anteriormente se atopaba o Fogar do Transeúnte. O organismo provincial acondicionou este espazo, -dotado de ascensor, calefacción, e baños adaptados-, habilitando novos servizos necesarios para a celebración dos cursos tales como material informático. Na convocatoria anterior, ATEGAL celebrou as súas actividades na coñecida como a Casa Cuna, inmoble da Fundación TIC, sen os mesmos servizos, onde a Deputación está agora a traballar para situar neste espazo o primeiro Centro de Innovación Social de Galicia: In Lugo.

O Presidente da Deputación explicou que se trata dunha iniciativa, enmarcada dentro do Plan Avanza que co-financia o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, adicada ó benestar social, e na que profesionais e cidadáns buscarán produtos que se adaptan ás necesidades dos colectivos máis desfavorecidos tales como maiores, discapacitados, ou desempregados.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova