Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello acabou o terceiro trimestre do ano cun superávit de case 17.000.000 de euros


# Xoves, 25/11/2010
A Concelleira de Economía di que o estado das contas municipais demostra que se fixo unha boa previsión económica nos Presupostos para este ano

Sonia Méndez deu conta do estado de ingresos e gastos na reunión da Comisión que estuda os Orzamentos para 2011


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informou hoxe do superávit nas contas do Concello a 30 de setembro. Os datos fóronlle facilitados á oposición nunha nova xuntanza da Comisión que estuda os Presupostos do Concello para 2011, atendendo unha petición que fixera o PP e os datos déronse antes de que se cumpra o prazo legal para informar da execución das contas municipais correspondentes ó terceiro trimestre deste ano.

A Concelleira de Economía explicou que os ingresos do Concello a 30 de setembro ascenden a 72.273.000 euros mentres que os gastos suman 55.504.000 euros. Estes datos, dixo Sonia Méndez, “queren dicir que se fixo unha boa previsión a pesares das críticas infundadas que fixera o Partido Popular que por certo non entregou hoxe a súa proposta de recorte nas partidas do Orzamento para o ano que vén”.

Sonia Méndez lembrou que a semana pasada o Goberno local pedíralle ó PP que concretara a súa proposta de redución do gasto corrente previsto nos Orzamentos para 2011 e hoxe “só recibimos unha proposta de xenérica do 7% porque non son capaces de dicir en que farían esa redución”.

“Tamén pediron que se elimine todo o que se poida nos gastos diversos e logo din que diminúe o investimento social cando son os gastos diversos o único que se reduce nesa área”, manifestou a Concelleira de Economía.


Ademais, Méndez indicou que o PP considera sobredimensionada a previsión de ingresos por licenzas urbanísticas. “O Goberno local prevé que medren un 26% tendo en conta os anuncios da Xunta de que Xestur investirá 6 millóns de euros en vivendas de promoción pública en Garabolos, a instalación de alomenos dez empresas nas Gándaras e a entrada en vigor do PXOM”, explicou a Concelleira quen amosou a súa “sorpresa porque Castiñeira sospeita que non se van executar en novas vivendas”. ”Parece que ten información diferente da que figura nos papeis da Xunta”, considerou Sonia Méndez.

A Concelleira de Economía e Emprego tamén recalcou que as partidas adicadas á zona rural para 2011 ascenden a 1.782.000 euros “o dobre do que fala o PP”. E dixo que medra en 600.000 euros o investimento previsto en saneamento e afirmado de pistas e outros 50.000 euros adícanse a alumeado na zona rural.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova