Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 presenta unha mostra cartográfica de Lugo en colaboración co Ministerio de Fomento


# Sábado, 27/11/2010
“Lugo. 100 años de cartografía” é o título da exposición que ademais acollerá diversos instrumentos de medición dos séculos XIX e XX.

O día 10 de decembro presentarase no Concello de Lugo unha mostra de cartografía de Galicia titulada “Lugo. 100 años de cartografía” dentro do marco de actividades de Lugo10 e en colaboración coa Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Co motivo da conmemoración do Décimo Aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial, a exposición recorrerá a historia sobre a provincia e a cidade de Lugo durante un século a través da cartografía oficial. A mostra contará con diversas imaxes aéreas e de satélite e cos mapas coas distintas escalas que compoñen a cartografía básica nacional e mostraranse todas as edicións existentes nos fondos do IGN.

A cidade de Lugo e o seu entorno quedará centrada no mapa, dando especial importancia á muralla usándose unha escala de 1:25.000 co que se ofrece un maior detalle do casco histórico e especialmente da muralla cunha simbolización deseñada con motivo do aniversario.

Asemade, tamén se inclúen os instrumentos históricos quen os séculos XI Xe XX se usaban nas medición se observacións correspondentes ás disciplinas de astronomía, geodesia e topografía.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova