Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación colaboran cos comerciantes na instalación do alumeado de Nadal que se prenderá o 1 de decembro


# Venres, 26/11/2010
O Alcalde, o Presidente da Deputación e o Presidente da Federación de Comercio asinaron hoxe un convenio para a financiamento das luces do Nadal

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Federación provincial de Comercio, José María Seijas, asinaron hoxe un convenio entre as tres entidades grazas o cal as rúas de Lugo contarán co alumeado de Nadal a partir do día 1 de decembro.

O Concello de Lugo aporta 35.000 euros para a instalación do alumeado máis os gastos que produza o consumo de enerxía eléctrica e a Deputación fai unha achega de 14.000 euros. O resto do custe do alumeado será asumido pola Federación de Comercio.

O Alcalde destacou que, por primeira vez, a Deputación provincial colabora co Concello e os comerciantes na financiamento da luz do Nadal e sinalou que a institución presidida por Gómez Besteiro “nunca deixa de participar nunha iniciativa cando é necesario” e lembrou que este ano foi necesario o seu apoio financeiro porque “non todas as institucións fixeron os deberes”.

Tamén aproveitou o acto o Alcalde para animar ós lucenses a que “consuman na cidade porque o comercio de Lugo ofrece todo o que se vende fora pero dá mellor atención e produtos de calidade”. Para o Alcalde “sería triste que viñera a xente de fóra aquí mercar os nosos produtos e que a xente de Lugo marchara compralos fóra”.

O Presidente da Deputación, pola súa parte, sinalou que mentres outros se escudan nunha austeridade mal entendida para non colaborar co pequeno comercio local “para nós este sector é moi importante” e asegurou que para Lugo “o comercio e as explotacións gandeiras son o mesmo que é para Vigo a empresa Citröen”.

E engadiu que “esta é unha medida en beneficios dos veciños de Lugo, e sobre todo dos pequenos comerciantes da capital que permitirá, a pesares de crise económica, ter maiores vendas, facer maior negocio, e polo tanto dinamizar un sector que representa a columna vertebral da cidade”. Tamén explicou que “este convenio, no que a Deputación achega 14.000 euros dentro da partida do gasto corrente, súmase a outras iniciativas como o Plan Urban, no que traballamos xuntos Deputación, Concello e comerciantes”.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova