A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, xunto co Delegado da Axencia Tributaria en Lugo, José María Núñez Pérez, e a monitora, Encarna Parga Cervelo, presentaron hoxe unha iniciativa para a formación dos escolares de Lugo respecto ás obrigas cívicas e tributarias dos cidadáns.
Os colexios de Lugo xa dispoñen de información para tomar parte nesta iniciativa que é froito da colaboración entre o Concello e a Axencia Tributaria, segundo explicou a Concelleira de Educación.
O Delegado da Axencia Tributaria explicou que o portal de educación cívico-tributaria, adicada ós cativos, é accesible desde a web www.agenciatributaria.es e nela os rapaces aprenden que é necesario contribuír cos impostos para que as administracións poidan prestar servizos e facer investimentos dos que se benefician todos os cidadáns.
Tamén indicou que o portal funciona desde 2005 e creouse logo de facer unha enquisa na que o 73% dos consultados consideraron que, se os nenos foran educados nestas cuestións, de adultos cumprirían mellor coa súa obriga de tributar.