Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Presidente da Deputación sumáronse ós internautas reunidos durante a fin de semana na Casa do Deporte


# Venres, 26/11/2010
A cuarta edición da Ludus Party reúne durante tres días, en Lugo, 300 internautas de toda España que participan nas numerosas actividades programadas pola organización

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Ademais de xogos e competicións, hai actividades didácticas de acceso libre na aula de formación arroba instalada pola Deputación e mañá terá lugar a entrega de premios do Certame de curtas e maquetas convocado pola Fundación TIC dentro do programa Lugo10

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitaron esta tarde ós participantes na Ludus Party, a festa informática que fai de Lugo a capital dos internautas durante toda a fin de semana.

O Concello de Lugo organiza este evento informático coa colaboración da Deputación provincial que colabora economicamente na Ludus Party. Ademais a Deputación ten instalada na zona a súa aula formativa móbil arroba do programa Innova-TE, que conta con financiamento da Unión Europea. O acceso á carpa de 230 metros cadrados é gratuíto.

A Ludus Party chega este ano a súa cuarta edición e está a celebrarse na Casa do Deporte desde onte pola tarde ata mañá, domingo, ás 18.00 horas.

Trescentos internautas lucenses, de toda Galicia e doutros lugares de España como Madrid, Castela-León, Pais Vasco ou Andalucía participan no evento. A organización habilitou na Casa do Deporte zonas de descanso para os asistentes a esta festa da informática durante as 50 horas nas que poden estar conectados de xeito ininterrumpido.

O programa da Ludus Party 2010 consta de numerosas actividades como a Ludus Creativa, a Ludus Xugona, que inclúe torneos e as tendencias máis punteiras nos videoxogos e creación audiovisual; a Ludus Xincana, coas competicións máis exitosas de anos anteriores. Tamén se celebran obradoiros, charlas e haberá premios sorpresa.
A parte didáctica deste evento está na aula formativa móbil arroba instalada pola Deputación a carón da Casa do Deporte. Nela pode aprenderse a usar a administración electrónica, comprobar as aplicacións da informática como ferramenta educativa ou gozar dun obradoiro de baile con animación que, mediante a técnica do croma, permite facer montaxes nas que aparezan os visitantes.

Para a última xornada da Ludus Party está programada a entrega dos premios convocados pola Deputación, a través da Fundación TIC, que organizou un Certame de curtametraxes e maquetas musicais dentro do programa Lugo10. O concurso ten dúas categorías: audiovisual e musical. Os premios están dotados con 2.000 euros para o traballo que mellor promocione a Muralla, 1.500 euros para o que faga a mellor promoción da provincia e 1.000 euros para creadores de idade inferior a 30 anos.

Este Certame é unha das numerosas colaboracións que lle prestaron a Deputación provincial e a Fundación TIC ó programa de actividades Lugo10 que festexa o décimo aniversario da declaración da Muralla romana como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

O encontro informático de Lugo dispón dunha páxina web con máis información sobre o evento www.ludusparty.net.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova