Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Gala de Lugo 10 contará con numerosas autoridades para pechar os actos do aniversario da muralla


# Luns, 29/11/2010
As invitacións poden recollerse nos diferentes lugares habilitados que o solicitaron e no Centro de Interpretación da Muralla.

A Gala do Décimo Aniversario da Declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial contará con numerosas autoridades dos diferentes organismos. Así, ao acto que terá lugar no Círculo das Artes, acudirán destacadas autoridades como Antón Louro, Delegado do Goberno, Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, J. R. Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo ou J.J. Casares Long, Rector da Universidade de Santiago de Compostela.

As invitacións para a Gala, que será aberta ao público con invitación, repartiranse por distintas canles, aproveitando os medios polos que se deu a coñecer Lugo10. Están á disposición das persoas que o desexen a través de diferentes portais de internet que xa o solicitaron e no Centro de Interpretación da Muralla.

A Gala estará conducida polo actor lucense Alberte Cabarcos e colaborarán os membros do equipo de Lugo10, Estela Freire e Gonzalo Pereira

Farase un resumo visual do que foi este ano 2010 de celebración do Décimo Aniversario, da aposta dos patrocinadores polo programa, das numerosas colaboracións de empresas, institucións, veciños e veciñas, medios de comunicación... que apostaron por colaborar con Lugo10 mediante diferentes accións incluídas no programa.

O programa Lugo10 continuará a súa andadura ata finais de ano con algunha sorpresa máis, coa intención de seguir facendo cousas para o ano 2011. No mes de decembro presentarase unha Memoria do Programa con todas as accións realizadas, que se entregará a cada un dos patrocinadores e colaboradores.

Colaboración

A Fundación TIC colaborará co Concello de Lugo nesta acto a través da cobertura audiovisual a través dunha unidade móbil, 5 cámaras e un equipo de realización.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova