Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla de Lugo é o escenario escollido para representar un graffiti dixital


# Luns, 29/11/2010
Esta acción forma parte das actividades de Lugo 10 e da Semana da Ciencia.

Un Graffiti dixital proxectarase mañá, 30 de novembro, na Muralla cadrando coa celebración do décimo aniversario da declaración do monumento romano como Patrimonio Mundial pola UNESCO. O acto comezará ás 19:30 horas e terá lugar no tramo peonil da Ronda da Muralla.

Esta actividade forma parte de Lugo10, programa co que se celebrou ao longo de todo o ano o 10º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, e da Semana da Ciencia.

Coincidindo coa Gala de Lugo10, preséntase este “Graffiti dixital”, que consiste na realización dun graffiti de temática científica con lapis óptico, nunha acción aberta á participación do público que queira experimentar con esta nova tecnoloxía. Coa axuda dun sistema informático formado por un portátil, unha cámara astronómica, un proxector de vídeo e un punteiro, deséñanse graffitis (neste caso constarán de diferentes mensaxes) que aparecerán proxectados sobre as paredes da Muralla.

Despois das proxeccións celebrarse un pequeno obradoiro sobre a programación informática para explicar aos interesados os aspectos técnicos que se atopan detrás deste tipo de accións.

Esta actividade promovida pola empresa Ceo Aberto na Semana da Ciencia 2010 conta coa colaboración do Concello de Lugo e está subvencionada polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

www.lugo10.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova