Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía amosa a súa satisfacción porque os Orzamentos municipais para 2011 sairán adiante


# Luns, 29/11/2010


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, manifestou hoxe que os Presupostos do Concello de Lugo para 2011 sairán adiante coa abstención do BNG.

Sonia Méndez fixo estas manifestacións logo da xuntanza que celebraron esta mañá o Goberno local e os grupos políticos.

A Concelleira de Economía considera “moi importante para a cidade contar cun orzamento aprobado desde o 1 de xaneiro” e dixo que “iso permitiranos afrontar as políticas sociais e facer as obras previstas coa solicitude do crédito que imos contraer sen aumentar o endebedamento da cidade”.

Sonia Méndez expresou a súa satisfacción pola decisión do BNG en tanto que rexeitou “o xeito de facer as cousas do PP: o seu voceiro nin sequera asistiu á xuntanza celebrada hoxe, e o seu representante non se pronunciou a favor nin en contra, tampouco concretaron desde o día 18 en que partidas pretenden reducir o gasto corrente nese 7,3%”.

“Non o din porque o que reducirían son as partidas sociais, como fai Feijóo na Xunta”, manifestou a Concelleira de Economía e Emprego quen opina que “o queren ocultar e enmascárano con acusacións falsas de despilfarro, como a do sofá de coiro que non hai ou a viaxe que eu non fixen a Florencia”.

Para a Concelleira de Economía, “o PP adoptou como estratexia a mentira no lugar de traballar pola cidade, por iso primeiro falan e despois preguntan, é o que fixeron esta fin de semana cando dixeron que o Concello ten déficit e hoxe os técnicos dixéronlles que neste Concello non hai déficit porque os ingresos municipais son superiores ós gastos”.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova