Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comunicado do Concello de Lugo


# Luns, 29/11/2010
O Concello de Lugo expresou as súas condolencias polo falecemento de Francisco Fernández del Riego nunha mensaxe que lle enviou hoxe o Alcalde, José López Orozco, á Real Academia Galega e a Fundación Penzol.

A mensaxe, da que o rexedor municipal dará contra á Corporación no vindeiro pleno, é a seguinte:

En nome do Concello e do pobo de Lugo e no meu propio, desexo facerlles chegar o noso común pesar polo pasamento do Excmo. Sr. D. Francisco Fernández del Riego.
A longa vida do noso querido Don Paco foi un exemplo de entrega activa e intelixente á causa de Galicia, da súa lingua e da súa cultura, unha entrega absoluta que deu froitos transcendentais e contribuíu dun xeito decisivo a defender a nosa identidade nos tempos máis difíciles e a poñer os alicerces do que hoxe somos e do que chegaremos a ser. Somos conscientes de que sen a inmensa e intensa actividade de D. Francisco Fernández del Riego Galicia sería hoxe moito máis pequena.
Dende a cidade de Lugo, á que Don Paco lle dedicou páxinas memorables nacidas do afecto e do coñecemento, queremos unirnos á dor de todos os galegos e galegas de ben pola morte do patriarca do galeguismo, cuxa obra como intelectual e como organizador permanecerá na Historia como unha das máis grandes do noso tempo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova