Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As rúas de Lugo quedarán alumeadas coas luces do Nadal desde mañá ata o día de Reis


# Martes, 30/11/2010
O alumeado funcionará de 18.00 a 22.00 horas os días de diario e ata as 02.00 nas fins de semana e a noite de Reis

A partir do día 1 de decembro de 2010 e ata o 6 de xaneiro de 2011 os lucenses poderán desfrutar do alumeado de Nadal que todos os anos engalanan as rúas da capital. O horario de encendido das luces será entre o 1 e o 16 de decembro das 18:00 ata as 22:00 horas. A partir desta data e ata o 6 de xaneiro manterase o mesmo horario de luns a xoves pero os venres, sábados e domingos acenderánse dende as 18:00 ata as 02:00 horas. A noite de Reis (do 5 ao 6 de xaneiro) o horario do alumeado será dende as 18:00 ata as 02:00 horas.

Este ano a instalación do alumeado de Nadal é posible grazas a que o Concello acadou o apoio económico da Deputación provincial, logo de que os comerciantes pediran máis axuda para poder instalalo.

Esa colaboración quedou regulada nun convenio que asinaron a semana pasada o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Federación provincial de Comercio, José María Seijas.

Os custos do alumeado de Nadal divídese entre o Concello de Lugo que aporta 35.000 euros para a instalación máis os gastos que produza o consumo de enerxía eléctrica e a Deputación fai unha achega de 14.000 euros. O resto do custe do alumeado será asumido pola Federación de Comercio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova