Cargando....
Concello de Lugo
05/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Xornada sobre a búsqueda de emprego a través das novas tecnoloxías dentro do programa Lugo Emprego Activo


# Martes, 30/11/2010
Estas medidas están promovidas polo Concello de Lugo para formar en novas materias aos desempregados

O 2 de decembro terá lugar a xornada titulada “As novas tecnoloxías na procura activa de emprego” dentro do programa Lugo Emprego Activo, que desenvolve o Concello de Lugo. O acto terá lugar no salón de actos do CEI NODUS e contará coa presencia do Alcalde, Jose López Orozco e Sonia Mendez, Concelleira de Economía e Emprego.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer distintas ferramentas que axuden a comprender as transformacións xeradas polas novas tecnoloxías no ámbito empresarial e laboral, así como entender as novas formas de relacionarse e comunicarse en Internet.

O curso comezará ás 09:15 e constará de diferentes coloquios orientados na búsqueda de traballo en rede e do emprego das últimas ferramentas. O programa é o seguinte:

-9:45 - 10:15: “Redtrabaja: a web de emprego de España”
Vanesa Bretón. Coordinadora para Lugo do proxecto Fomento do uso de Redtrabaja.

-10:15 - 10:45: “Traballar en Europa: a rede Eures”.
Carmen Santalla Novo. Conselleira Eures en Lugo.

-10:45 - 11:45 : ……Monólogo do actor Cándido Pazó.

-11:45 - 12: 30 : Pausa café

-12:30: 12:45: Saúdo do Alcalde de Lugo

-12:45 - 13:30: “As redes sociais como ferramentas de busca de emprego”.
Raúl Ordoñez Pérez. Responsable de negocio y comunicación de InterQué Networks

13:30 - 14:00: “As webs de emprego do Concello de Lugo”.
Sonia Méndez García. Concelleira de Economía e Emprego.

Na sociedade actual, a globalización e a forte especialización fomentan no mercado laboral unha alta competitividade e constantes variacións nas tendencias do traballo. Polo que atopar un emprego hoxe en día non é fácil, sobre todo si se trata dun traballo que se adapte as nosas necesidades, á formación que temos e as nosas cualidades.

Non se debe esquecer que o uso de Internet para a busca de emprego é unha ferramenta fundamental a día de hoxe. Así, a chegada da web social e os blogs supuxeron unha oportunidade para que traballadores e empresas conecten entre si e en poderosas ferramentas á hora de conciliar os intereses laborais de traballadores e empresas permitindo que millóns de buscas de emprego se realicen de forma online, inmediata, gratuíta e global.

cei.lugo.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova