Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo vai liderar un proxecto de cinco cidades de España e Portugal financiado pola Unión Europea que permitirá dixitalizar a Muralla e os achádegos arqueolóxicos da cidade


# Martes, 30/11/2010
O proxecto Muralla Dixital dará traballo durante dous anos a 30 desempregados que se formarán nun sector con futuro laboral

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Unha vez rematado, Lugo disporá dunha recreación virtual do pasado da cidade que se poderá ver nos museos municipais

O Alcalde tamén presentou hoxe un plano de Lugo datado entre 1894 e 1910 que donou ó Concello a familia Arias Jordán


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, presentaron hoxe o proxecto Muralla Dixital de aplicación das TIC á posta en valor do patromonio cultural e histórico, que acadou a financiación da Unión Europea a través dos fondos FEDER.

O proxecto, que será liderado por Lugo, desenvolverase en cinco cidades de España e Portugal que teñen algún tipo de recinto amurallado. Trátase de Lugo, Santiago de Compostela, Valença do Minho, Monçao e Melgaço e tamén contará coa participación do Clúster INEO e do Centro de Computaçao Gráfica Azurém.

O orzamento total do proxecto será de 2.398.000 euros, dos que 636.500 son para Lugo, o 75% financiado pola Unión Europea e o 25% restante polo Concello. O seu obxectivo é dixitalizar fondos históricos e arqueolóxicos para facer unha recreación virtual do aspecto que tiña a cidade en distintos momentos da súa historia. Cando estean feitos eses contidos virtuais poderanse ver nos museos municipais.

O proxecto desenvolverase durante dous anos, desde xaneiro de 2011 ata xaneiro de 2013 e, segundo explicou o Alcalde a súa importancia ten que ver tanto coa difusión do patrimonio histórico de Lugo como co emprego xa que “permitirá continuar o traballo de dixitalización do arquivo municipal e dos achádegos arqueolóxicos da cidade e o seu tratamento para difundilos a través das novas tecnoloxías, e fará posible, ademais, que 30 desempregados da cidade se beneficien da formación e inserción laboral nun sector con futuro”.

O Alcalde declarouse “moi satisfeito pola posibilidade de continuar con un traballo de dixitalicación do arquivo municipal que quedara parado porque a Xunta non concedeu o obradoiro de emprego que pedira o Concello para este fin”.

Para López Orozco o feito de que a Unión Europea lle dea o visto e prace a este proxecto que vai liderar a nosa cidade, e que conceda todos os cartos que pediu Lugo para levalo a cabo, significa que “teñen gran confianza no noso Concello e que gozamos de moi boa prensa entre as autoridades europeas e españolas”.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, salientou que Lugo actuará como xefe de filas do proxecto, que financian os fondos FEDER de cooperación transfronteiriza, grazas á calidade do proxecto presentado, e a pesares de que a nosa non é unha cidade fronteiriza con Portugal, se non que ten a catalogación de cidade adxacente.

Sonia Méndez tamén lembrou que no proxecto inclúese o remate da dixitalización do Arquivo Municipal que estaba pendente logo de que “a Xunta deixara por primeira vez a Lugo sen obradoiros de emprego”.

Lugo a finais do século XIX

O Alcalde tamén informou hoxe da doazón dun plano da cidade datado entre 1894 e 1920. O plano, que o Alcalde amosou ós medios de comunicación, acaba de ser donado por José Arias Jordán.

López Orozco agradeceulle á familia Arias Jordán a donación deste documento que, segundo díxo fora propiedade dos tíos avós de José Arias Jorgan, que decidiu cederllo ó Concello “porque é sabedor do traballo que queremos realizar”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova