Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta unha nova edición de Diversiarte


# Mércores, 01/12/2010
Diversiarte, ocio e cultura sen barreiras 2010, ofrecerá mañá unha sesión de contacontos e unha exposición dos traballos realizados polos participantes

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O venres día 3 levarase a cabo a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e os días 15, 16 e 17 de decembro haberá un Mercadiño Solidario


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañada da membro do Padroado da Fundación TIC, Regina Polín, e a representante de COGAMI, Begoña Celeiro, presentaron hoxe unha nova edición de Diversiarte, ocio e cultura sen barreiras 2010.

Carmen Basadre quixo felicitar a todas as entidades que están a traballar no eido das discapacidades, “pola labor continuada e constante, e sen a cal as administracións seríamos incapaces de recoñecer todas aquelas accións necesarias, que chegan a través de críticas construtivas, que axudan a coñecer as súas necesidades”. A Concelleira destacou a delicada situación das mulleres e nenas con discapacidade, que poden verse expostas a unha maior discriminación, e insistiu na necesidade de seguir traballando pola igualdade de oportunidades.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade sinalou que “a pesar da época de crise na que nos atopamos, non podemos nin debemos facer recortes presupuestarios a costa das persoas máis vulnerables da sociedade”, e destacou que dende o Concello mantense ese compromiso, non facendo recortes nas axudas as entidades sociais, nin en materia de dependencia, e asegurou que “seguiremos facendo este esforzo para mantelo”.

No acto presentouse material audiovisual, realizado pola Fundación TIC, que se distribuirá en todos os colexios, e que pretende sensibilizar e mostrar o traballo das asociacións. Regina Polín, membro do Padroado da Fundación TIC, destacou a vontade de seguir colaborando con estas ou con calquera outra entidade interesada en difundir a súa mensaxe de igualdade e solidariedade.

En representación de COGAMI, Begoña Celeiro, quixo agradecer ao Concello o gran esforzo realizado durante todo o ano, e destacou que “o primeiro que hai que facer é fixarse nas capacidades das persoas, non nas discapacidades”.


Diversiarte comezará mañá xoves, día 2 de decembro, cunha sesión de contacontos para todas as persoas con discapacidade funcional. Será as 18.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Tamén poderá verse unha exposición dos traballos das persoas participantes no concurso Diversiarte 2010.

O venres día 3 de decembro as 12.00 horas, e con motivo do Día Internacional das Persoas Discapacitadas, levarase a cabo a lectura do manifesto na Praza Maior. O mércores día 15, ás 11.00 horas, será a inauguración dun Mercadiño Solidario, situado no fondo da Praza Maior, que continuará o xoves 16 e venres 17 de decembro en horario de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualade aproveitou para anunciar a concesión da aportación correspondente ao Imserso e a ONCE, de 113.867.06 euros, para continuar coa accesibilidade nas beirarrúas do casco histórico da cidade.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova