Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo estivo presente, a través da Rede de Cidades Catedralicias, na Feira Internacional de Turismo Interior celebrada en Valladolid


# Mércores, 01/12/2010
A Rede de Cidades Catedralicias pretende fomentar a promoción e defensa do patrimonio, especialmente o catedralicio, e a súa difusión mediante accións de política cultural e Turística

Imaxe Asociada

A Rede de Cidades Catedralicias fai unha valoración altamente positiva da súa participación na Feira Internacional do Turismo de Interior (INTUR), celebrada en Valladolid entre os días 25 e 28 de novembro.

O numeroso público que visitou o seu posto (255 do pavillón n.º 2) mostrouse moi interesado na orixinal proposta de Turismo Cultural ofrecida pola nosa Rede: rutas por cidades históricas que posúen catedral e un rico patrimonio. Nunha alta porcentaxe, os visitantes descoñecían a existencia do noso grupo de cidades e considerábana unha boa idea para promover as catedrais. Os visitantes que xa coñecían Cidades Catedralicias, destacaban a calidade da nosa páxina web e o interese dos seus contidos.

Por outra parte púidose establecer un bo número de contactos profesionais e institucionais cos que Ciudades Catedralicias da por logrados os obxectivos formulados na participación no certame.

Ao longo dos catro días de feira rexistrouse un total de 43.900 visitantes, o que supón un incremento do 2% respecto ao ano anterior. En tres pavillóns do recinto instaláronse 144 postos nacionais e internacionais, predominando os dedicados a aloxamentos e a servizos turísticos. O pavillón 4, e como novidade, estaba dedicado a Gastronomía, o que representou un bo elemento de atracción de público. Con estes datos, INTUR consolídase como importante escaparate de promoción do turismo de interior no noso país.

www.ciudadescatedralicias.org






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova