Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A neve causa problemas nalgúns puntos da cidade


# Xoves, 02/12/2010

Protección Civil, Policía Local e Urbaser traballan desde primeira hora para facilitar a circulación



A nevarada está a causar dificultades en accesos á Lugo e nalgúns puntos da cidade. O Concello puxo en marcha un dispositivo no que traballan Protección Civil, Policía Local e Urbaser para facilitar a circulación.

Os principais problemas de tráfico rexístranse na avenida de Infanta Elena, no acceso da Autovía polo Ceao e en Ramil, na estrada da Coruña á altura de Ombreiro.
Tamén hai problemas nos accesos ó novo Hospital. Nesa zona brigadas de Urbaser e equipos de Protección traballaron desde primeira hora na limpeza dos viais perimetrais pero había problemas nos accesos que son competencia da Xunta de Galicia. Tamén hai dificultades nos accesos ó Hospital de Calde.

Na cidade rexistráronse complicacións para circular no acceso ó Centro de saúde de Fingoi, por mor dunha placa de xeo, e nas rúas Conrubia, Pintor Corredoira e Armando Durán.

As brigadas de Urbaser botaron sal nas vías máis conflictivas desde primeira hora da mañá e no centro da cidade están actuando as barredoras para retirala neve.

En canto ó transporte público, os autobuses urbanos circulan con lentitude pero con normalidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova