Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Xeral está a disposición dos grupos políticos desde esta mañá


# Mércores, 01/12/2010
O documento recolle as instruccións que deron  Urbanismo e Cultura da Xunta e está previsto debatelo no Pleno o día 17

Imaxe Asociada

A Delegada de Urbanismo, María Novo, informou hoxe de que os grupos políticos do Concello xa poden consultar o Plan Xeral de Ordenación Municipal ó que se incorporaron as ordes que deron as Consellerías de Medio Ambiente, Urbanismo e Territorio, en 2009, e de Cultura, do 29 de setembro de 2010.

Trala xuntanza que celebrou esta mañá a Comisión municipal de Urbanismo, Infraestruturas e Zona Rural, a Delegada de Urbanismo anunciou que “desde hoxe pola mañá está a disposición dos grupos políticos do Concello o exemplar do PXOM que previsiblemente se levará a Pleno o día 17 de decembro para dar cumplimento as ordes da Xunta, de xeito que os grupos da oposición terán 17 días para consultalo, dous máis dos que pediran”.

Explicou tamén que os grupos municipais xa poden examinar o documento e recibirán cantas explicacións pidan ó mesmo tempo que os técnicos acaban de emitir os informes preceptivos.

Tamén explicou a Delegada de Urbanismo que logo de que se pronuncie o Pleno municipal sobre o documento, este remitirase de novo á Xunta que terá a partir dese momento dun prazo de tres meses para darlle a aprobación definitiva.

O Garañón

Novo tamén lembrou que o auto xudicial que paralizou a obra do Garañón non lle foi comunicado ó Concello. “Nós non tiñamos competencia para paralizar a obra, o único competente para facelo é a Xustiza, segundo opinan os técnicos, e nós non nos opoñemos nin cuestionamos a paralización da obra “, manifestou a Delegada de Urbanismo.

Novo tamén lembrou que o Concello só recibiu a notificación da orde de precinto e paralización, actuación para a que é competente a Policía Autonómica e tan pronto se recibiu no Concello a comunicación do xulgado de que se paraba a obra, que foi precintada pola Policía Autonómica, deuse orde a Patrulla Verde da Policía Local para que comprobe diariamente que a obra permanece precintada.


Licenzas

Na Comisión de Urbanismo tamén se facilitou a información que pedira a oposición sobre o número de impugnacións presentadas a licenzas concedidas polo Concello nos últimos oito anos. Dos 35 recursos presentados sobre os que se pronunciou a Xustiza só o 8% das sentenza foron contrarias ó Concello.  “Se comprobamos as cifras de outros Concellos, seguro que as sentenzas ganadas son moitas menos”, indicou María Novo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova