Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscripción para o programa "Radares Xuvenís"


# Xoves, 02/12/2010
As rapazas e rapaces interesados poden presentar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil ata o vindeiro día 10 de decembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Serán seleccionados dous rapaces dos oito centros educativos participantes no proxecto Radares Xuvenis


A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe as bases para a inscripción do programa Radares Xuvenís 2010-2011, presentado a pasada semana, e que conseguiu unha subvención da Unión Europea, na liña de Xuventude en Acción, por un importe de 32.555 euros.

Dende hoxe, e ata o vindeiro día 10 de decembro, as rapazas e rapaces interesados en convertirse en Radares Xuvenís, deberán presentar a solicitude de inscripción e a autorización correspondente, na OIX (Oficina de Información Xuvenil), situada no Centro Social Uxío Novoneyra, 3º andar, no seguinte horario: mañás de 09.00 a 14.00 horas e polas tardes de 16.30 a 19.00 horas.

Según sinalou a Concelleira de Xuventude, os alumnos elexidos como Radares Xuvenis, dous por cada centro, serán seleccionados por unha comisión formada por tres persoas: un orientador designado polo centro educativo, unha persoa da Concellería de Xuventude, e unha persoa do programa Previlugo. Rielo destacou a boa acollida por parte dos institutos, xa que “de nove que hai na cidade, oito participarán no programa, e o que resta non o fai porque carece dos medios suficientes”.









Rosana Rielo aproveitou para presentar o novo logo do programa, “unha imaxe de varios rapaces que semellan símbolos +, e que representa unha suma, e reflexa que a participacion dun grupo de xoves, favorece a movilizacion do resto dos compañeiros”.




Radares Xuvenís 2010-11

Este curso ofrecémosche a oportunidade de participar nun proxecto a nivel europeo, onde a túa colaboración vai marcar a diferenza. Ti podes facer que todos e todas no teu IES poidades gozar e realizar as actividades de ocio, de estudos, … que sempre quixéstedes.

Converténdote nun dos nosos Radares ou nunha das nosas Radares conseguirás que as túas demandas, suxestións, iniciativas, … e as dos teus compañeiros e compañeiras cheguen directamente á Concellería de Xuventude, e poidan facerse realidade cos presupostos participativos. Isto significa que seredes protagonistas e participaredes na xestión das actividades da Concellería.

As túas funcións como Radar serán sinxelas. Só tes que implicarte e comprometerte a ser a persoa intermediaria entre os teus compañeiros e compañeiras e a Concellería de Xuventude. Para iso, terás que dedicar dous recreos á semana e dúas horas pola tarde, as que ti prefiras. Nese tempo deberás ocuparte do taboleiro informativo, de atender ás suxestións dos teus compañeiros e compañeiras, de propoñer actividades e de informar das actividades ofertadas, de manterte en contacto cos demais “Radares” da nosa cidade e doutras cidades ...

Pola súa banda, a Concellería de Xuventude comprometerase contigo e proporcionarache toda a información e asesoramento que precises. Recibirás unha bolsa de 50€ mensuais e, ademais, ao rematar o programa, poderás ser elixido para participar nunha viaxe a Bruxelas onde intercambiarás ideas e conclusións cos “Radares” doutras cidades europeas.

Anímate e consulta as nosas bases en www.lugo.es. Inscríbete na OIX e entra no proceso de selección para ser o Radar ou a Radar do teu centro. Comprométete e cambia as cousas.


BASES RADARES XUVENÍS 2010-11

A Concellería de Xuventude co obxectivo de achegarse aos intereses dos/as mozos/as da nosa cidade ten previsto a realización do proxecto “Radares Xuvenís”. As bases deste programa son as seguintes:

O proxecto iniciarase no mes de novembro de 2010 e finalizará en setembro de 2011, interrompéndose a actividade nos meses de vacacións escolares. Os “Radares” recibirán unha bolsa por valor de 50€ mensuais a cargo da Concellería de Xuventude. Estes non terán ningunha relación laboral co Concello, simplemente son beneficiarios/as dunha bolsa. A Concellería de Xuventude para a execución de actividades propostas por os/as “Radares Xuvenís” e polo tanto demandadas polos/as alumnos/as e consensuadas coa OIX, reservará 3.900,00 € do seu orzamento para a realización destas actividades.



Obrigas dos/as Radares:

Intermediación entre a OIX e os/as alumnos/as do centro, isto implica:
Recollida de material na OIX unha vez á semana ou nos períodos que a Concellería estableza. Transmisión periódica desta información, encargándose de clasificala e actualizala, e debendo animar ós/ás compañeiros/as a que participen nas actividades e aporten novas iniciativas e ideas.

Manter o taboleiro informativo onde estean ubicados os/as “Radares Xuvenís” e telo permanentemente actualizado e ordenado.
Informar das propostas ou suxestións recollidas no centro e achegalas á OIX nos períodos establecidos.

Así coma recoller calquera colaboración que aporten os/as seus/súas compañeiros/as.
Fomentar as iniciativas e o asociacionismo dos/as alumnos/as do centro.

Adicar dous recreos e dúas horas unha tarde á semana (este horario será flexíbel dependendo da apertura do centro) a permanecer no local asignado polo centro para atender tanto ós/ás usuarios/as coma para levar a cabo as obrigas que impliquen a súa permanencia.

Concorrer a dúas reunións mensuais, que se celebrarán nun lugar a determinar: unha co persoal da OIX e outra cos/as Radares Xuvenís dos outros centros. Tamén deberán concorrer ás reunións de carácter extraordinario que se realicen.

Solicitar os correspondentes permisos para empregar os recursos do centro educativo onde estean ubicados os/as “Radares” (fotocopiadoras, megafonía,…) no desempeño das súas funcións de difusión informativa.

Entregar á dirección do IES, ou persoa en quen delegue, copia de todas as informacións subministradas que se refiran aos campos de interese dos/as alumnos/as (campañas educativas, subvencións, programas especiais)
Mantemento dun blog ou páxina nas redes sociais, así como un contacto permanente cos socios deste programa no estranxeiro.
Colaborar activamente en todas as actividades vinculadas ó programa Radares Xuvenís que contribúan a fomentar a participación xuvenil e a proxección de dito programa a nivel local, nacional e europeo.

Compromisos do Concello

Ademais dos establecidos nas cláusulas cuarta e quinta, comprométese a:

Dotar ós/ás “Radares” do material informativo necesario.

Dispoñer semanalmente da información necesaria para a actualización do taboleiro informativo.

Asesorar técnicamente aos “Radares” e colaborar con eles.

Aboar a cantidade destinada ás bolsas, sempre e cando os/as radares cumpran coas funcións encomendadas.

O remate do proxecto realizarase unha selección entre os/as radares para a realización dunha viaxe a Bruselas que se realizará no mes de setembro de 2011.

Compromisos dos IESs.

Ademais dos establecidos nas cláusulas segunda e cuarta, comprométense a:
Poñer a disposición un taboleiro informativo para uso exclusivo dos/as “Radares”, situado nun lugar ben visíbel para os/as alumnos/as.

Facilitar un lugar onde os/as “Radares” poidan gardar a información e os materiais.
Facilitar ós “Radares” a dispoñibilidade dun lugar fixo, de tránsito habitual e fácil acceso, onde podan exercer a súas funcións.

Apoiar a difusión da información xuvenil.

Permitir o uso de Internet os/as “Radares” no caso de que o centro educativo dispoña de acceso á citada rede e así como de calquera dos outros medios de difusión que posúa o centro.


SELECCIÓN DOS/AS ESTUDANTES PARA O PROXECTO “RADARES XUVENÍS”


“Radares Xuvenís” ten como obxectivo principal coñecer máis a fondo as inquedanzas da xuventude da nosa cidade, tratando de recompilar datos sobre os intereses e aficións que moven aos adolescentes, co fin de poder estruturar e programar actividades e recursos encamiñados a dar maiores e mellores respostas ás mesmas.

Para o desenrolo do proxecto é necesario crear un equipo de alumnos/as en cada un dos IES cos que colaboramos, un/ha alumno/a matriculado/a en ESO, un/ha alumno/a matriculado/a en BAC ou un/ha alumno/a matriculado/a nun Ciclo Formativo de grao superior (este último nos IES que teñan máis dun ciclo formativo de grao superior). No caso de que non se presenten o proceso de selección candidatos/as de todos os ciclos, elixirase dous/dúas Radares entre os/as candidatos/as presentados/as que exercerán a labor de “radares” entre os/as seus/súas compañeiros/as e a OIX (Oficina de Información Xuvenil). A Comisión pode declarar a selección deserta se así o considera necesario.


REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR OS “RADARES”

Poderán acceder aqueles/as mozos/as que estean matriculados/as na actualidade nun dos centros educativos colaboradores.

É obrigatorio que o equipo este formado por dous/dúas alumnos/as: un da ESO e outro de BAC (tendo en conta os casos anteriormente mencionado), podendo acceder desta maneira ós intereses dos/as alumnos/as pertencentes a diferentes intervalos de idade.

Non é obrigatorio ter un/ha compañeiro/a para poder presentarse. O/a alumno/a pode presentarse de forma independente é a propia comisión formará o equipo.


DOCUMENTACIÓN XERAL QUE HABERÁ QUE PRESENTAR

Solicitude de participación na convocatoria

Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou NIE.

Certificado acreditativo de que se atopa matriculado/a no centro educativo

Curriculo Vitae

No caso de ser menor de idade terá que presentar unha autorización do titor/a legal, axuntando a fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do mesmo. Dita autorización pode recollerse na conserxería do centro ou na OIX.

Os/as candidatos/as deberán presentar por escrito as razóns para participar neste proxecto.

No caso de pertencer a algunha asociación, ONG ou club deportivo, deberán presentar xustificante de pertenza o colectivo.


PRAZO É LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude de participación e a autorización do/a titor/a legal do/a alumno/a estarán a disposición dos/as estudantes na OIX (Oficina de Información Xuvenil) situada no Centro Social Uxío Novoneyra, 3º andar, no seguinte horario: mañás de 09:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas.

O prazo de entrega da documentación será dende o día de presentación da actividade ata o 10 de decembro de 2010, ámbolos dous incluídos.

Nun prazo máximo de 5 días será exposto no taboleiro informativo de cada un dos centros educativos e na OIX a data e horario para a fase de entrevistas. Unha vez seleccionados/as os/as alumnos/as a OIX encargarase de chamar telefonicamente os/as beneficiarios/as.


SELECCIÓN DOS/AS “RADARES XUVENÍS”

Os/as alumnos/as serán elixidos/as por unha comisión formada por tres persoas: orientador/a ou persoa designada polo centro educativo, unha persoa designada pola Concellería de Xuventude e unha persoa do programa Previlugo.
Os/as “Radares Xuvenís” elixiranse seguindo estes criterios:

Puntuación polo escrito alegando razóns de interese por colaborar no proxecto: Máx. 1 punto
Curriculum Vitae: Máx. 0,5 puntos
Colaborar ou formar parte dunha asociación ou ONG: 0.5 puntos.
Estar apuntado nalgunha actividade extraescolar: 0.5 puntos
Entrevista: Máx. 1.5 puntos

Nota: No caso de cumprir os puntos tres e catro deste apartado é necesario presentar o día da entrevista certificado que o acredite.

Este proceso rematará cando se seleccionen os/as “Radares Xuvenís” necesarios para cada centro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova