Imprimir

XORNADA SOBRE A BÚSQUEDA DE EMPREGO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENTRO DO PROGRAMA LUGO EMPREGO ACTIVO


2/12/2010

As Concelleiras de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Xuventude, Rosana Rielo, acompañadas polo Director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, José Antonio Quiroga Díaz, inauguraron unha Xornada que se celebrou no CEI sobre o uso das novas tecnoloxías na busca activa de emprego que se enmarca no programa Lugo Emprego Activo.

A Concelleira de Economía e Emprego destacou que a organización das Xornadas obedeceu por unha parte “ás dificultades actuais para acceder a un posto de traballo” e por outra a que “os tempos cambiaron e agora as novas tecnoloxías son imprescindibles para achegarse ó mercado laboral”.

Sonia Méndez lembroulles ós asistentes ás Xornadas que o Concello dispón de recursos como o Espazo>Lab, o centro de orientación laboral, dotado cunha aula multimedia e que conta con monitores para orientar ós usuarios na busca de traballo pola internet.

O Director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal faloulles ós asistentes sobre a redtrabaj@ e díxolles que ata o día 30 de decembro nas oficinas desta entidade en Lugo hai persoal encargado de explicarlles ós demandantes de emprego como funciona esta web do Ministerio de Traballo.

Na Xornada participaron 82 persoas que asistiron a diferentes coloquios sobre como usar a rede como ferramenta de búsqueda de traballo.

A Coordinadora para Lugo do proxecto Fomento do uso de redtrabaj@, Vanesa Bretón, a Conselleira Eures en Lugo, Carmen Santalla, e o responsable de negocio de InterQué Networks, Raúl Ordóñez, foron algúns dos ponentes da Xornada, na que tamén interviu o actor Cándido Pazó.

Tanto o Espazo>Lab como Europe Direct teñen presenza na internet a través das páxinas www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect ademais de estar presentes nas redes sociais.