Cargando....
Concello de Lugo
03/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xeo causou algunhas complicacións no tráfico esta mañá en Lugo


# Venres, 03/12/2010


A Concellería de Protección da Comunidade informa de que o xeo foi o causante dalgúns problemas de tráfico rexistrados a primeira hora da mañá. A Policía Local recibiu avisos de incidencias por xeo nos seguintes lugares: avenida de Breogán, onde quedaron cruzados vehículos na calzada e acudiron unha dotación da Agrupación de Tráfico e Seguridade Viaria da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, e avenida da Infanta Elena, tamén con placas de xeo.

Nos accesos ó Hospital de Calde tamén había xeo o que impediu que chegaran ata alí os autobuses urbanos a primeira hora.

O acceso ó HULA produciuse sen incidentes, desde primeira hora da mañá traballaron alí operarios do Concello que botaron sal nos accesos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova