Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O musical Caperucita Roja chegará a Lugo o martes 4 de xaneiro


# Venres, 03/12/2010
As entradas, a un prezo único de 12 euros, poderán adquirirse a partir de hoxe, día 3 de decembro, a través de Caixanova
O musical será no Auditorio Gustavo Freire a partires das 18.30 horas


O musical Caperucita Roja chegará ata o Auditorio Gustavo Freire o martes día 4 de xaneiro ás 18.30 horas. Este musical supón a adaptación do popular e clásico conto de Caperucita Roja, mostrando aos máis pequenos as aptitudes e valores na interacción cos seus actores e a participación no desenvolvemento.

O mundo da ilusión e fantasía no que as figuras paternas poderán compartir cos seus fillos un tempo de entretemento e diversión, adentrándose nesta expectante trama chea de sorpresas.

O prezo das entradas é de 12 euros, e estarán a venda a partir de hoxe, venres 3 de decembro, a través de Caixanova.

Os actores que dan vida a esta obra son: Cristina Zambrana, Ana Maila Soria, Roberto Gontam e Carlos Fernández.

taquilla.servinova.com


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova