Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
16/09/19
NOTICIAS
Escucha esta página

Aberto o prazo de inscrición para participar na IX edición da Carreira Solidaria Lugo Monumental


# Viernes, 03/12/2010
As inscricións, limitadas a 1.500 atletas, poderán facerse a partir de hoxe a través de Internet, ou presencialmente na Concellería de Deportes a partires do xoves 9 de decembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A saída terá lugar no tramo peatonal da Ronda da Muralla e percorrerá unha distancia aproximada de 10 quilómetros

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou, xunto co xefe de ventas de Lugo de Divina Pastora Seguro, José María López, o subdirector de publicidade de El Progreso, Luis Barrio, e o delegado da Federación Galega de Atletismo en Lugo, Manuel Castiñeira, a IX edición da Carreira Popular Lugo Monumental, que se celebrará o domingo día 19 de decembro.

A saída terá lugar no tramo peatonal da Ronda da Muralla, fronte o Edificio Administrativo do Concello (Seminario), e será ás 11.00 horas para os rapaces e ás 12.00 horas para os adultos.

Segundo anunciou o Concelleiro de Deportes, os premios manteranse iguais aos do ano pasado.

Premios da carreira Absoluta masculina

- 1º Clasificado: ...........Trofeo e 1.200 €
- 2º Clasificado:..............Trofeo e 600 €
- 3º Clasificado:..............Trofeo e 300 €
- 4º Clasificado:.........................200 €
- 5º Clasificado:.........................100 €
- 6º Clasificado:...........................50 €

Premios da carreira Absoluta feminina

- 1ª Clasificada: ...........Trofeo e 1.200 €
- 2ª Clasificada:..............Trofeo e 600 €
- 3ª Clasificada:..............Trofeo e 300 €
- 4ª Clasificada:.........................200 €
- 5ª Clasificada:.........................100 €
- 6ª Clasificada:...........................50 €

Ademais, haberá premios especiais da Carreira Absoluta para os deportistas locais.

José Manuel Díaz Grandío agradeceu o apoio dos colaboradores, que fan posible levar a cabo con éxito a novena edición desta carreira solidaria, que este ano ademais quere conmemorar o 75 aniversario de Radio Lugo.


Inscricións e dorsais

A Inscrición on-line, 1.300 prazas, poderá facerse a partires de hoxe, venres 3 de decembro, previo pagamento on-line de 2 euros na web: www.championchipnorte.com ou través de www.lugo.es ou www.elprogreso.es

As inscricións presenciais, 200 prazas, poderán facerse a partires do xoves 9 de decembro na Concellería de Deportes (Piscina Municipal de Frigsa). Será necesario o pagamento de dous euros, e o formulario oficial da carreira, que se pode recoller no Diario El Progreso (rúa Ribadeo), na Concellería de Deportes ou se pode descargar en www.lugo.es ou www.elprogreso.es.
O prazo de inscrición pecharase o mércores 15 de novembro ás 20.00 horas ou no momento no que se chegue aos 1.500 atletas inscritos.

Os dorsais e chips de cronometraxe entregaranse o día anterior da proba (18 de decembro) na Carpa da Organización situada na parte traseira do Concello na Praza Maior en horario de 17.00 horas ás 20.30 horas e o día da carreira (19 de decembro) dende as 09.00 horas ata ás 10.30 horas.


deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva