Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo falará mañá da nosa cidade e da Muralla no programa de Pepa Fernández "No es un día Cualquiera" que esta fin de semana se emite desde Lugo


# Venres, 03/12/2010
O programa de RNE emitirase desde o Salón de Actos da Deputación con motivo do X Aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, será entrevistado mañá no programa “No es un día cualquiera” de RNE, que esta fin de semana se emitirá desde o Salón de Actos da Deputación provincial para conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

López Orozco será un dos convidados de Pepa Fernández, que dirixe o programa das mañás da fin de semana de RNE.

Con ela estarán en directo en Lugo José María Íñigo, Laura García Agustín, Nieves Concostrina, José Ramón Pardo e José Manuel Viñas. Outros colaboradores que intervirán no programa son Sergio Sauca, Josto Maffeo, Manuel Campo Vidal, Forges, Jaime Azpilicueta, Leontxo García, Pilar García Moutón, Màrius Serra, Joaquín Araújo, Pancracio Celdrán, Joaquín Carbonell e Juan Carlos Ortega.

O sábado, día 4 de decembro, o Alcalde de Lugo falará para todos os ouvintes deste programa de RNE da nosa cidade e da nosa Muralla.

Tamén será entrevistado en directo mañá o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

Para o domingo, día 5 de decembro, Pepa Fernández ten previsto entrevistar ó Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que lle explicará a Pepa Fernández os futuros proxectos para a provincia de Lugo.

Ese día tamén está previsto que interveña no programa o actor galego Javier Gutiérrez, popular grazas á serie de TVE “Águila Roja”, que é premio MAX de teatro 2009 y membro do grupo de teatro Animalario.

O público poderá acceder libremente durante toda a mañá ó Salón de Actos da Deputación, onde se fará o programa en directo desde as 9.00 ata as 13.00, ata completar o aforo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova