Imprimir

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBA OS PRESUPOSTOS DO CONCELLO PARA 2011 QUE DEBATERÁ O PLENO O DÍA 13


3/12/2010 Tamén acordou ampliar o contrato de mantemento e explotación da nova Estación Depuradora que empezará a funcionar en breve

A Xunta de Goberno Local celebrou hoxe unha reunión extraordinaria na que foi aprobado o proxecto de Orzamento xeral do Concello para 2011 e unha transferencia de crédito adicada a amortización de débeda, e tamén aprobou a ampliación do contrato de mantemento, conservación e explotación da nova Depuradora.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou que “foi unha reunión extraordinaria para cumprir os prazos que permitan levar ó Pleno do día 13 os Presupostos para 2011 co fin de que entren en vigor nos primeiros días de xaneiro”.

Méndez sinalou tamén que foi aprobada unha transferencia de crédito destinada a amortización de débeda por importe de 660.000 euros “en cumprimento do Real Decreto do Goberno que rebaixa un 5% as retribucións dos funcionarios públicos, cantidade que ten que destinarse obrigatoriamente a reducir débeda”.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a modificación da concesión dos servizos de mantemento, conservación e explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo debido “á inminente entrada en funcionamento da nova EDAR”, segundo explicou Sonia Méndez.

O acordo supón a ampliación do contrato con Gestagua, para que se faga cargo das novas instalacións e as melloras que supoñen para dar cumprimento á lexislación ambiental, a 1.700.000 euros, partida que xa vai recollida nos Orzamentos de 2011, e que supón un incremento do 29%.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, explicou que a nova Estación Depuradora de Augas Residuais permitirá tratar “toda a auga residual que xenera Lugo, porque terá moita máis capacidade para tratar a auga e ademais conta cun tratamento de desinfección da auga que non tiña a actual”.

Ademais coa nova EDAR, que vai xestionar o Concello, explicou González Dopeso, “evitamos que os lucenses teñan que pagar o imposto da Xunta do coeficiente de verquido e só teremos que pagar o canon auga, tamén da Xunta, que, por certo, terá unha suba espectacular a partir xuño”.

O Concelleiro de Medio Ambiente dixo tamén que “a baixada dos índices de contaminación que suporá a entrada en servizo da nova Depuradora fará que deixemos de pagar 800.000 euros ó ano a Confederación Hidrográfica e pasemos a pagar uns 300.000 euros anuais”.

Ademais o responsable municipal de Medio Ambiente salientou que a entrada en funcionamento dos novos tanques de tormenta evitará o problema actual de salto das tapas de rexistro na zona da N-VI.

Lino González Dopeso prevé que a nova Depuradora empece a funcionar este mes, logo de que se faga, nestes días, o cambio dos colectores.