Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Asociación Veciñal de Tirimol nunha campaña sobre a xestión dos residuos domésticos e de fomento da reciclaxe entre os veciños


# Luns, 06/12/2010


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo colabora coa Asociación Veciñal de Tirimol nunha campaña para mellorar a xestión dos residuos domésticos e fomentar a reciclaxe entre os veciños e veciñas da parroquia, baixo o lema “Ter Tirimol limpo é cousa de todos, colabora”. Esta campaña persegue garantir a conservación medioambiental da parroquia e do seu contorno, mellorando desde xeito a calidade de vida dos veciños e veciñas de Tirimol.

Co obxecto de facilitar unha maior información aos veciños de como poden reciclar os distintos residuos que se xeran nos seus fogares, a Asociación Veciñal de Tirimol, contando coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo, editou unha folla informativa sobre a xestión do lixo en Tirimol. A folla informativa, da que se realizaron máis de cen exemplares, repartirase a tódolos veciños de Tirimol, para que estas prácticas sexan tidas en conta nos seus fogares ou ben na súa actividade laboral.

A campaña de sensibilización está encamiñada a unha maior concienciación da cidadanía co tema dos residuos. Esta preocupación polo maior coñecemento da xestión dos residuos en Tirimol foi unha iniciativa da Asociación Veciñal de Tirimol, que contou co apoio da Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo, materializándose nesta campaña informativa, que ten como obxectivo principal, fomentar a recollida selectiva e a correcta xestión dos residuos nos fogares.

Por estes motivos nesta folla infórmase de que o Concello de Lugo pon a disposición dos veciños distintos contedores para depositalo lixo en Tirimol. Hai un Punto Verde situado no Campo Público de Seivane (preto da Igrexa Parroquial). Este Punto dispón dos seguintes contedores: amarelo, azul, verde e gris. Neste lugar realízase a recollida selectiva do lixo. Tamén hai varios contedores amarelos, distribuídos por distintos lugares da parroquia. E hai máis de 40 contedores grises, que están distribuídos por toda a parroquia. Ademais recentemente instaláronse papeleiras no Campo da Festa (situado na Pista Polideportiva) e un contedor para uso do Centro Social, para mellorar a limpeza nestas instalacións veciñais. E tamén se poñen contedores para festas, que son postos durante os días que se celebran as distintas festas na parroquia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova